Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 3 decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas nos procedementos administrativos (expediente BS210A LU-0000008904 e catro máis).

De conformidade co disposto na disposición transitoria terceira la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, notifícanse as resolucións ditadas nos procedementos instados polas persoas interesadas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas, ou persoas que legalmente as representen, poderán comparecer para teren coñecemento íntegro do acto e constancia deste, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro base-rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen se ter efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra as resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación, ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 3 de decembro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Jefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expte./procedemento BS210A

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000008904

34272224-O

Resolución por renuncia

8.3.2018

LU-0000008146

33729497-C

Resolución por renuncia

26.2.2018

LU-0000029887

76613910-J

Resolución por desistencia

12.9.2018

LU-0000021550

33814440-R

Resolución por desistencia

12.11.2018

LU-0000037073

X6268030R

Resolución por desistencia

7.2.2018