Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2019 Páx. 7424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de subministración, instalación e posta en marcha do equipamento escénico para o Centro Cultural Auditorio de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 3/2018 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=284988

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración, instalación e posta en marcha do equipamento escénico para o Centro Cultural Auditorio de Lugo.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71240000-2; 45223000-6; 32000000-3; 39515200-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.925.237,05 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 2.925.237,05 €. Importe total (IVE incluído): 3.539.536,83 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de setembro de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 30 de novembro de 2018.

c) Adxudicataria: Chemtrol Division Teatro, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 2.106.744,34 €. Importe total con IVE: 2.549.160,65 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2019

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda