Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución pronunciada no proceso seguido por instancia de José Ángel Alonso Freire contra Construcciones Metálicas Esacero, S.L. se acordou notificar parte dispositiva de decreto con data do 20 de novembro de 2018, ditado no procedemento ETX 123/2018 a Construcciones Metálicas Esacero, S.L., en ignorado paradoiro:
«Parte dispositiva
Acordo:
– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de José Ángel Alonso Freire fronte a Construcciones Metálicas Esacero, S.L.
– Transferir ao número de conta do cal se obtiveron as cantidades entregadas á executante o importe de 10,01 euros en concepto de sobrante.
– Álcense os embargos trabados sobre as contas e devolucións tributarias a través da aplicación informática.
Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 00301846420005001274 no Banco Santander, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. De efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.
A secretaria xudicial»
Para que lle sirva de notificación a Construcciones Metálicas Esacero, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2019
A letrada da Administración de xustiza