Execución de títulos xudiciais ETX 8/2019
Procedemento de orixe: procedemento ordinario 158/2017
Sobre: ordinario
Demandante: Raquel Lojo Prol
Avogado: Carlos Alberto Castro Álvarez
Demandados: Fogasa, Cervecom Cervecería Santiago, S.L.
Avogados: letrado de Fogasa, (…)
Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 8/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Lojo Prol contra a empresa Cervecom, Cervecería Santiago, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e decreto en data 17 de xaneiro de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
Parte dispositiva do auto:
«Parte dispositiva
Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Raquel Lojo Prol, fronte a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., parte executada, por importe de 11.422,07 euros en concepto de principal, máis 1.908,90 euros en concepto de xuros de mora, máis 1.333,09 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.
O presente auto, xunto co decreto que pronunciará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente a la parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.
Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderase deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaeceren con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.
Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0136 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 036 18”. De efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.
Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.
A maxistrada xuíza |
A letrada da Administración de xustiza». |
E a parte dispositiva do decreto:
«Parte dispositiva
Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:
Dar traslado a Raquel Lojo Prol e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que, no prazo de quince días, poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, no caso contrario, declararase a súa insolvencia.
– Pór en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do auto con data do 17 de xaneiro de 2018 polo cal se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3, parte final).
Notifíqueselles ás partes e a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou solicitados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0008 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0008 19”. De efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.
Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.
A letrada da Administración de xustiza».
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.
E para que lle sirva de notificación a Cervecom, Cervecería Santiago, S.L., expido este edicto.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2019
A letrada da Administración de xustiza