A Secretaría Xeral Técnica recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Terceira) polo que solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo 7306/2018, interposto pola Comunidade de Regantes Peirao Muíño de Liñares, Óscar Carrera Vilaboa, Rafael Carballido Rodríguez, Javier Reboreda Martínez, Adelina Leiros Domínguez, Consuelo Cabaleiro Caride, Perfecto Carballido Rodríguez e María del Carmen Vilaboa Romero contra o Decreto 87/2018, do 6 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto denominado Nova senda fluvial do río Louro, desde O Camiño de Lagoal, parroquia de Louredo, no termo municipal de Mos.
En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, esta secretaria xeral técnica remitiu con esta data o correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2019
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza