Unha vez intentada a notificación da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo pola que se acorda a procedencia de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notifícáselles a interesada o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A interesada, durante este prazo, poderase presentar ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.
Lugo, 17 de xaneiro de 2019
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2016/73-2.
Nome: Tania Caamaño Ares.
Último domicilio coñecido: Rúa Amizade, 7-3º A, 27300 Guitiriz (Lugo).
Axuda: promoción e consolidación do emprego autónomo.
Orde reguladora: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras, para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do programa I, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria para a ano 2016 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro de 2015).
Feito imputado: non manter a actividade durante un tempo mínimo de dous anos.
Precepto infrinxido: artigo 17, alínea b), da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro de axuda.
Data da resolución: 27 de novembro de 2018.