Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2019 Páx. 7826

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2018.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2018 por esta fundación.

Data da sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

25.9.2018

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e Mediasiete Undatia Ute para a realización do programa televisivo «Os Nosos Sabios» en Cidade da Cultura de Galicia.

24.10.2018

0,00 €

Acordo de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra para a promoción de actividades conxuntas.

12.11.2018

0,00 €

Convenio de colaboración empresarial entre Fundación Galicia Obra Social e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia con motivo da VI convocatoria dos premios «Sixto Seco».

17.11.2018

0,00 €

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeneral (art. 25 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado) entre Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia