De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 15 de outubro de 2018 (BOE do 31 de outubro), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,
Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos surtirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2019
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Nº de concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI/NIE |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código da praza |
2375/18 |
Lourdes |
Mella Méndez |
****5883F |
Catedrática de universidade |
Dereito do Traballo e da Seguridade Social |
Dereito Público Especial e da Empresa |
Santiago de Compostela |
A00569 |
2381/18 |
Onésimo |
Juncos Rabadán |
0510****V |
Catedrático de universidade |
Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
Santiago de Compostela |
A00575 |
2389/18 |
Marta |
Carballo Fidalgo |
**1145**R |
Titular de universidade |
Dereito Civil |
Dereito Común |
Santiago de Compostela |
C01788 |
2392/18 |
Álvaro |
Gil González |
****3764M |
Titular de universidade |
Edafoloxía e Química Agrícola |
Edafoloxía e Química Agrícola |
Santiago de Compostela |
C01791 |
2395/18 |
Ángel |
García Alonso |
3608****L |
Titular de universidade |
Farmacoloxía |
Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica |
Santiago de Compostela |
C01794 |
2397/18 |
Azucena del Carmen |
Mora Gutiérrez |
**8012**F |
Titular de universidade |
Microbioloxía |
Microbioloxía e Parasitoloxía |
Lugo |
C01796 |
2398/18 |
Víctor |
Pereira Lestayo |
****2477H |
Titular de universidade |
Mediciña e Cirurxía Animal |
Patoloxía Animal |
Lugo |
C01797 |