Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8472

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 974/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 974/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esther Graña Rey contra Foto Artús, S.L, con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza con data do 3 de xaneiro de 2019, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 974/2017.

Demandante: Esther Graña Rey.

Letrado: Sr. Ferrero Ferrero.

Demandada: Foto Artús, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza número 16/2019.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2019.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Esther Graña Rey fronte á empresa Foto Artús, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo isto con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 19.098,13 euros.

3º. Condeno a empresa demandada a que aboe á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 39,25 euros/día, o que suma a cantidade de 18.477,64 euros.

O Fogasa deberase ater ao resolto na presente resolución, sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade».

E para que sirva de notificación en legal forma a Foto Artús, S.L., en ignorado paradoiro, expido este anuncio para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza