Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8468

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 433/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 433/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Serxio Gómez Recouso contra ALN Telemark, S.L., administración concursal de ALN Telemark, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou sentencia con data do 15 de xaneiro de 2019, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade número 433/2016.

Demandante: Serxio Gómez Recouso.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandadas: ALN Telemark, S.L. (Hoxe ALN Telemarketing BPO, S.L.).

Letrado:

Administrador concursal de ALN Telemark, S.L. –non comparece–.

Fogasa.

Sentenza número 19/2019.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019.

– Estimo a demanda formulada por Serxio Gómez Recouso fronte a ALN Telemark, S.L. (Hoxe ALN Telemarketing BPO, S.L.) e, en consecuencia, condénoa a aboar ao primeiro a suma de 386,83 euros en concepto de incentivos debidos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET».

E para que sirva de notificación en legal forma a ALN Telemark, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza