Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de decembro de 2018 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais DH.D15.60296.

Con data do 29 de novembro de 2018 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Jesús Gómez Barreiro, NIF 33254002-G (termo municipal de Brión), pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da dita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle a proposta de resolución ao interesado e fáiselle saber que unha copia dela está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2018

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia