Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2019 Páx. 8511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2019 polo que se notifican as resolucións dos expedientes de autorización en materia de dominio público hidráulico DH.B36.61552 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles, ás persoas definidas no anexo as resolucións ditadas no expediente DH.B36.61552 e dous máis.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada, ante a presidenta de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.B36.61552

Manuel Vales Riopa

29.10.2018

Favorable

DH.C36.01407

CC.UU. de Aspera, San Mauro e Lombo da Maceira

11.10.2018

Desistimento

DH.W36.15226

AA.VV. Outeiro de Parada

5.11.2018

Favorable