Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2019 Páx. 8612

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento PR924C).

BDNS (Identif.): 438762.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, coa categoría de comunidades galegas, coa de centros colaboradores da galeguidade ou coa de federacións de comunidades e/ou entidades que conten con local social diferenciado do das entidades asociadas.

Segundo. Obxecto

A concesión de subvencións ás entidades galegas no exterior para realizar os programas seguintes:

– Programa A. Axudas para obras de ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e/ou do seu patrimonio cultural.

– Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento PR924C).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 575.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.781.0.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración