Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, nº 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos/ás interesados/as en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, ponse en coñecemento dos/das interesados/as que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e que poderán interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.
Ourense, 17 de xaneiro de 2019
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente: 17235.
DNI/NIE/PAS: X5080816R.
Último enderezo coñecido: avenida Buenos Aires, nº 122, 3º D, 32004 Ourense.
Nº de expediente: 17663.
DNI/NIE/PAS: AT663893.
Último enderezo coñecido: avenida Buenos Aires, nº 36, 3º B, 32004 Ourense.