Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 8898

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT215A).

O ámbito de actuación da Consellería de Cultura e Turismo responde ao vixente marco institucional de distribución de competencias, configurado basicamente no Estatuto de autonomía de Galicia. Este, no artigo 27.19, establece como competencia exclusiva da Xunta de Galicia o fomento da cultura en Galicia, e, no artigo 32, que lle corresponde ao Goberno da nosa comunidade autónoma a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.

A Consellería de Cultura e Turismo asume as competencias que a facultan para o deseño, programación, desenvolvemento e execución da política cultural do Goberno de Galicia en todas as súas vertentes. Compételle a esta consellería a elaboración de normas e propostas para impulsar a creación e promover e difundir a cultura nos seus diversos eidos a través da xestión das diferentes axudas e instrumentos de colaboración coas asociacións, fundacións, movementos colectivos, corporacións locais e industrias culturais, que desenvolvan un labor cultural dentro do seu ámbito competencial.

No exercicio destas competencias, a Consellería de Cultura e Turismo quere establecer con esta orde un instrumento que, axeitándose á normativa xeral vixente, marque as pautas para unha distribución, consonte os criterios de publicidade, obxectividade e concorrencia, dos recursos destinados á realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, de acordo cos principios recollidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Esta orde tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, e existe crédito adecuado e suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2019, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión de 18 de outubro de 2018 na que se acordou a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

Na súa virtude, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a financiar os gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2019, de acordo co establecido na presente orde.

2. Estas axudas contribúen á promoción e cooperación cultural, á difusión e animación sociocultural e, en definitiva ao espallamento e promoción da cultura en Galicia, por considerar que as artes escénicas e musicais son elementos clave da creatividade artística e da dinamización cultural da nosa comunidade autónoma.

3. Os festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais obxecto de subvención deben cumprir cos seguintes requisitos:

– Ter unha duración mínima de dous días consecutivos e un máximo seis.

– O orzamento destinado á contratación artística non superará o 50 % do orzamento do proxecto presentado e o importe por actuación non superará en ningún caso os 5.000 euros.

– A programación contará, cando menos, cun 30 % do total das actuacións artísticas a cargo de grupos e/ou compañías galegas.

– O proxecto obxecto de subvención debe ter un carácter libre e gratuito para o público asistente.

O cumprimento destes requisitos acreditarase mediante unha declaración responsable que acompañará á solicitude (anexo I).

4. Serán subvencionables os proxectos constituídos polas actuacións sinaladas no artigo 2, que se desenvolvan no período que comprende desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de outubro de 2019.

5. Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

6. O procedemento de concesión de subvencións regulado na presente orde ten o código CT215A para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e o acceso aos formularios específicos, de uso obrigatorio para os interesados.

Artigo 2. Actuacións subvencionables

Serán obxecto de subvención as actuacións relativas á organización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames musicais, teatrais, de danza e outras artes escénicas que teñan lugar no territorio de Galicia e que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música, o teatro e a danza de Galicia. Para efectos desta convocatoria non se consideran actuación subvencionables os eventos de carácter audiovisual e/ou cinematográfico.

Quedan excluídas do obxecto desta convocatoria as seguintes actividades:

– As programacións culturais de carácter xeral.

– Os cursos e actividades de formación e divulgación, como talleres, seminarios, conferencias, encontros ou similares.

– Os proxectos de carácter exclusivamente académicos ou gremiais e os actos conmemorativos.

– Os premios e as galas.

– As actividades internas das entidades, dirixidas a un público propio.

– As actividades lúdico-deportivas.

– As festas patronais.

– As feiras sectoriais.

– As actividades de promoción turística.

– As feiras gastronómicas.

Artigo 3. Entidades beneficiarias e requisitos

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta convocatoria as seguintes entidades:

a) Institucións sen ánimo de lucro.

b) Entidades locais.

As axudas, no ámbito das entidades locais, están dirixidas a concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.

Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.

2. As entidades ao abeiro desta orde, sen prexuízo do cumprimento da totalidade da normativa aplicable, deberán reunir os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos aplicables a todas as entidades:

Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as entidades en que concorran algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de agrupacións ou asociacións de concellos todos os concellos agrupados ou asociados deberán cumprir os requisitos anteriores polo que o incumprimento por parte de algún dos concellos participantes na solicitude de subvención suporá a inadmisión desta.

Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e condicións establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A acreditación de que as entidades non están incursas nas prohibicións ou circunstancias relacionadas nos puntos anteriores realizarase mediante declaración responsable, a través do anexo I de solicitude.

2.2. Requisitos específicos aplicables ás institucións sen ánimo de lucro.

a) Ademais dos requisitos establecidos no punto 2.1 deste artigo, as institucións sen fin de lucro deben reunir os seguintes requisitos específicos:

– Ter representación na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ter como obxecto social o fomento e dinamización da cultura galega.

– Desenvolver a maior parte das súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non obstante, non poderán ser beneficiarias das axudas as seguintes institucións sen fin de lucro:

– Entidades ou asociacións que pertenzan ao ámbito educativo.

– Asociacións ou federacións de veciños, e da terceira idade.

b) As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

2.3. Requisitos específicos aplicables ás entidades locais.

a) As entidades locais deberán cumprir co requisito de ter remitido as contas do exercicio orzamentario 2017 ao Consello de Contas de Galicia.

No caso de agrupación ou asociación de concellos, deberán cumprir con este requisito todos os concellos integrantes.

b) As agrupacións ou asociacións de concellos deberán xestionar o servizo de forma conxunta e supoñer un aforro de custos respecto dos que implicaría a prestación individual; no caso de mancomunidades e consorcios locais deberá acreditarse que as actuacións se prestan de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supoñen actuacións illadas ou independentes.

Artigo 4. Financiamento e contía das subvencións

1. As subvencións reguladas nesta orde concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2019, seguintes: 11.20.432B.481.2 por un importe inicial máximo de 30.000 euros, para os solicitantes dentro do grupo de institucións sen fin de lucro e 11.20.432B.460.0, por un importe inicial máximo de 20.000 euros, para o grupo de solicitantes de entidades locais. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2019.

2. A Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, establece que os expedientes de gasto se poderán iniciar, sempre que as necesidades que se teñan que satisfacer poidan ser razoablemente previstas anticipadamente, no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar, condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos xerais aprobado polo Consello da Xunta de Galicia. O día 18 de outubro de 2018 o Consello da Xunta de Galicia aprobou o proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019; neste proxecto existe crédito adecuado e suficiente para poder tramitar esta orde.

De acordo co disposto no artigo 3.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, a tramitación anticipada poderá chegar, como máximo, ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto. Así mesmo, segundo o establecido no artigo 5 da dita orde, todos os actos de trámite ditados en desenvolvemento desta orde enténdense condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da súa produción.

3. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, tras a aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo para resolver.

4. A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 6.000 euros que, en ningún caso, poderá exceder o 70 % do orzamento total do proxecto a realizar. Este importe de 6.000 euros ascenderá a 7.500 euros cando se trate de solicitudes conxuntas de entidades locais, é dicir, solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local de acordo co establecido no artigo 3 desta orde.

Artigo 5. Compatibilidade con outras axudas

1. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. O importe da subvención concedida non poderá en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo obxecto e finalidade doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, superar o custo da actuación que se vai desenvolver a entidade solicitante. No caso contrario, esta subvención reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.

3. No suposto de entidades solicitantes que sexan perceptoras doutras axudas para o mesmo fin concedidas por outra entidade, deberán presentar, xunto coa solicitude, unha declaración comprensiva de todas as axudas e subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas para a mesma finalidade utilizando o formulario establecido para os efectos no anexo I a esta orde, o cal terá que volver a presentarse no suposto de variar as circunstancias inicialmente declaradas. A comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

Artigo 6. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se inclúan entre os seguintes:

a) Gastos de difusión e publicidade en calquera soporte.

b) Alugamento de espazos e equipamentos técnicos.

c) Gastos de contratación de servizos técnicos e profesionais.

d) Premios e galardóns oficiais.

e) Gastos de viaxes, aloxamento e manutención das persoas participantes nas actividades propostas. Estes gastos deberán especificarse motivadamente no orzamento.

2. Os ditos gastos deberán estar realizados entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de outubro de 2019.

3. En ningún caso serán subvencionables:

a) Gastos ordinarios de funcionamento e mantemento da entidade.

b) Gastos de salarios ou calquera tipo de retribución ou remuneración, seguros sociais ou retencións de impostos do promotor, se é persoa física, ou das persoas pertencentes á entidade promotora das actuacións.

c) Investimento ou adquisición de material ou equipamentos que supoñan incremento de patrimonio do solicitante.

d) Gastos protocolarios.

e) Degustacións gastronómicas e actividades complementarias que non teñan carácter cultural.

f) Os gastos excluídos no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non se poderán subcontratar, nin total nin parcialmente, as actividades obxecto de subvención, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

5. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionalidade dos gastos será resolta pola Dirección Xeral de Políticas Culturais por propia iniciativa ou por pedimento de calquera das entidades solicitantes.

Artigo 7. Presentación de solicitudes, prazo e documentación

1. As solicitudes de participación para estas axudas deberán respectar as seguintes condicións:

a) Para as institucións sen fin de lucro, cada entidade só poderá presentar unha única solicitude cun único proxecto.

b) Para as entidades locais, cada entidade poderá presentar unha única solicitude, ben sexa individual ou a través da xestión compartida.

No caso de xestión compartida mediante agrupación de concellos, a solicitude presentada pola agrupación corresponderase cun único proxecto.

Ningún concello poderá figurar simultaneamente en solicitude de xestión individual e compartida. O incumprimento desta medida dará lugar a inadmisión da solicitude individual e considerarase efectiva a solicitude de xestión compartida.

c) Cando o órgano tramitador observe que unha institución sen ánimo de lucro participa en máis dunha solicitude; ou no caso de entidades locais, cando unha entidade local participa en máis dunha solicitude a nivel individual ou en máis dunha solicitude a nivel de xestión compartida, poñerao de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo; de non o facer, non se admitirá ningunha das solicitudes presentadas.

2. As entidades solicitantes relacionadas no artigo 3 da orde de convocatoria que desexen acollerse a estas axudas deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.

3. A presentación realizarase da forma seguinte:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal), como anexo I, de conformidade co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e as entidades dela dependentes.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación da solicitude poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. As entidades interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude (anexo I), a seguinte documentación:

4.1. Documentación xeral:

4.1.1. Certificado de acordo de solicitude da axuda, que deberá recoller a aceptación das condicións e requisitos establecidos na orde, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.

O certificado irá asinado electronicamente polo órgano competente da entidade solicitante. No caso de agrupacións de concellos a certificación será asinada polo/a secretario/a da entidade representante, na que se fagan constar os anteriores preceptos con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación.

4.1.2. Declaración responsable de que o proxecto para o que se solicita a subvención cumpre cos requisitos establecidos no artigo 1.3 da orde.

4.1.3. Remisión das contas da entidade local ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario 2017. No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de agrupación de concellos, deberán cumprir con estes requisitos todos os concellos integrantes da agrupación.

4.1.4. No caso de fundacións, acreditación de atoparse ao día no cumprimento das obrigas de presentación das contas do padroado, de acordo coa normativa específica que rixa a entidade.

4.1.5. Acreditación da representación da persoa que asina a solicitude en nome da entidade.

4.1.6. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.

4.2. Documentación específica.

4.2.1. Ficha do proxecto (anexo II).

4.2.2. Memoria da traxectoria e interese cultural e artístico do evento en edicións anteriores, que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 13.1.A, os seguintes aspectos:

– Antigüidade do evento.

– Premios e recoñecementos acreditados.

– Asistencia de público, con achega de datos de participación presencial.

– Calidade das programacións, facendo explícitos os seus aspectos innovadores e creativos.

– Repercusión nos medios de comunicación e no territorio.

A memoria deberá ter unha extensión mínima de dúas páxinas a dobre cara co seguinte formato: letra Times New Roman, tamaño 12, interlineado sinxelo, aliñación xustificada e marxes de 2 cm.

4.2.3. Memoria completa e detallada do proxecto que se vai realizar que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 13.1.B, os seguintes aspectos:

– Interese, singularidade e relevancia artística e cultural da edición.

– Contribución e estratexias de captación ou creación de novos públicos.

– Programación de actividades culturais complementarias vinculadas ao proxecto presentado.

– Plan de comunicación.

– Repercusión territorial.

– Contribución ao desenvolvemento e difusión da cultura e lingua galegas, presenza do galego na realización da actividade e na súa difusión.

A memoria deberá expoñer con claridade o carácter musical ou escénico do proxecto e concretará os obxectivos que se perseguen, os resultados esperados, así como a temporalización e localización do evento.

A memoria deberá ter unha extensión mínima de dúas páxinas a dobre cara co seguinte formato: letra Times New Roman, tamaño 12, interlineado sinxelo, aliñación xustificada e marxes de 2 cm.

4.2.4. Memoria de aforro de custos estimado respecto á realización das actuacións ou proxecto de forma individualizada (no caso de agrupación ou asociación de concellos).

4.2.5. Convenio de colaboración ou instrumento xurídico que regule a agrupación ou asociación.

5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Conforme o anterior, as memorias requiridas nos puntos 4.2.2 e 4.2.3 deste artigo poderán ser entregadas en soporte papel, CD-Rom ou en memoria USB. En calquera dos soportes que se presente deberán figurar os mesmos ficheiros e con igual contido. Todos os ficheiros deberán incorporar un índice do seu contido. Os formatos dos ficheiros poderán ser PDF ou Excel. Se se inclúen fotografías ou debuxos, serán en formato JPG.

6. Sen prexuízo de todo o anterior, a entidade solicitante poderá achegar calquera outra documentación que entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude; así mesmo, a unidade tramitadora das subvencións poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que xulgue pertinente.

7. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

8. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

9. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Dirección Xeral de Políticas Culturais poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

10. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

11. A Consellería de Cultura e Turismo poderá requirir ás entidades solicitantes para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación do procedemento.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– NIF da entidade solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

No caso de agrupación ou asociación de concellos, consultaranse os documentos sinalados para cada un dos concellos integrantes.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que alguna circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Emenda de solicitudes

1. Se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, requirirase a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Instrución do procedemento

1. O procedemento que se seguerá na tramitación e instrución dos expedientes será o establecido no articulado básico da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu desenvolvemento, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Correspóndelle á Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo a instrución do procedemento de concesión de subvencións, que desenvolverá de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderaselle requirir á entidade solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Logo de revisar a documentación inicial e, se é o caso, realizado o trámite de emenda, o órgano instrutor procederá a remitir á comisión de valoración os expedientes presentados para a súa valoración conforme o principio de concorrencia que rexe as bases reguladoras.

Artigo 12. Comisión de valoración

1. A comisión de valoración axustarase aos preceptos contidos na sección 3ª da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público, e estará composta polos seguintes membros:

a) Presidencia: a persoa titular da Dirección Xeral de Políticas Culturais.

b) Secretaría: exercerá a secretaría da comisión un/unha dos/das vogais da comisión.

c) Vogalías: a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural, a persoa titular da xefatura do Servizo de Xestión Administrativa e dúas persoas funcionarias nomeadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Políticas Culturais.

En caso de ausencia dalgún dos membros integrantes da comisión, poderá ser substituído por outra persoa que, para o efecto, designe a persoa titular da Dirección Xeral de Políticas Culturais.

2. A comisión de valoración poderá requirir ás entidades solicitantes das subvencións información ou documentación adicional aclaratoria, que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e relación directa para unha mellor valoración das solicitudes.

3. A comisión realizará a valoración das solicitudes presentadas de conformidade cos criterios establecidos no artigo 13 e de repartición económica, a cal se realizará proporcionalmente ás puntuacións obtidas, cos límites determinados no artigo 4.4 da orde.

Logo de que a Comisión realice a valoración das solicitudes presentadas de conformidade cos criterios de valoración e repartición económica, da que quedará constancia en acta motivada, a Dirección Xeral de Políticas Culturais elevará a proposta á persoa titular da Consellería de Cultura e Turismo, quen resolverá.

Artigo 13. Criterios de valoración

1. As solicitudes que se presenten valoraraas pola comisión de avaliación, a que fai referencia o artigo 12, de acordo cos seguintes criterios:

A) Traxectoria e interese cultural e artístico do evento nas edicións anteriores: máximo 25 puntos.

A comisión valorará, segundo a documentación acreditativa presentada, os seguintes aspectos:

– A antigüidade do evento, carácter continuado e non ocasional do proxecto e concreción do número de edicións levadas a cabo: 1 punto por cada 5 edicións, cun máximo de 5 puntos.

– Os premios e recoñecementos acadados polo evento: 1 punto por cada premio acreditado, cun máximo de 5 puntos.

– A asistencia de público en edicións anteriores: 1 punto por cada 1.000 asistentes, cun máximo de 5 puntos. Deberá indicarse o sistema de acreditación de entrada que permita avaliar a asistencia de persoas ao evento (inscricións, control de accesos, invitacións, etc.).

– A calidade das programacións: máximo 5 puntos. Explicitaranse os aspectos innovadores e creativos das propostas presentadas en edicións anteriores, tanto no referido ao tipo de actividade como ao seu desenvolvemento, outorgando a seguinte puntuación:

• Escaso nivel de detalle: 1 punto.

• Detalle e explicación da innovación, orixinalidade e creatividade do proxecto a nivel xeral: 3 puntos.

• Detalle e explicación da innovación, orixinalidade e creatividade cun alto nivel de precisión: 5 puntos.

– A repercusión do evento nos medios de comunicación e no territorio nas edicións anteriores: máximo 5 puntos.

Avaliaranse todas as medidas adoptadas para dar a coñecer a actividade, valorando o alcance territorial da difusión, isto é, a súa contribución na acción cultural e dinamizadora do territorio, así como os medios de comunicación empregados para difundir o proxecto, tanto os soportes tradicionais como a utilización de tecnoloxías da información e comunicación e redes sociais.

• Escasa repercusión: 1 punto.

• Repercusión media: 3 puntos.

• Alta repercusión: 5 puntos.

B) Valoración do proxecto que se vai realizar na edición 2019: máximo 50 puntos.

– Interese, singularidade e relevancia artística e cultural do evento: máximo 15 puntos.

A comisión valorará os seguintes aspectos: a orixinalidade e carácter innovador do proxecto en relación con outros eventos similares, a experimentación de novos formatos, o tratamento de temáticas pouco difundidas ou, dentro da especificidade e carácter propio de cada proxecto, o seu valor cultural.

• A explicación que se facilita, con independencia da extensión do texto, é moi básica e pouco clara e con información moi pouco precisa: 5 puntos.

• A explicación é correcta pero pouco desenvolvida: 10 puntos.

• A explicación é moi clara e expón unha información moi detallada e precisa: 15 puntos.

– Contribución á captación ou creación de novos públicos: máximo 10 puntos.

Valorarase a capacidade do proxecto para promover a diversidade sociocultural do público, a accesibilidade, as relacións interxeneracionais e/ou a integración de persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade.

• Non se especifican pautas nin medidas de captación: 0 puntos.

• As medidas son moi xerais e pouco detalladas: 3 puntos.

• As medidas están presentes na programación, pero non se valoran de modo especial: 6 puntos.

• As medidas están presentes ou moi presentes e son as máis adecuadas e óptimas na búsqueda do incremento e captación de novos públicos: 10 puntos.

– Actividades culturais complementarias, vinculadas ao proxecto presentado: 6 puntos.

• De carácter formativo: 1 punto por cada actividade, máximo 3 puntos.

• De carácter divulgativo (edición de libros, conferencias, premios, concursos, etc.): 1 punto por cada actividade, máximo 3 puntos.

– Plan de comunicación: 6 puntos.

Valoraranse os seguintes aspectos: as estratexias de comunicación, a amplitude de medios a que vai dirixido, o cronograma de actuacións e o período de tempo dedicado á súa execución.

• Ausencia dun plan de comunicación: 0 puntos.

• Plan de comunicación convenientemente estruturado pero cunha metodoloxía pouco desenvolvida: 3 puntos que desenvolva ata dous dos aspectos valorados.

• Plan de comunicación ben estruturado e detallado con precisión, capaz de potenciar e promocionar efectivamente o evento: 6 puntos que desenvolva convenientemente 3 ou máis dos aspectos valorados.

– Repercusión territorial do evento: 8 puntos.

A repercusión territorial está referida ao impacto de carácter sociocultural que pode xerar no territorio o proxecto, valorándese a implicación e colaboración e participación do tecido cultural, asociativo e veciñal da zona para que o evento acade unha maior relevancia e participación, ou a capacidade de atraer e interesar ao público.

• Escasa repercusión: 1 punto.

• Repercusión media: 4 puntos.

• Alta repercusión: 8 puntos.

– Contribución ao desenvolvemento e difusión da cultura e lingua galegas: 5 puntos.

Valorarase como un dos obxectivos do proxecto o fomento do uso e coñecemento da lingua galega así como as medidas encamiñadas á súa promoción.

• Uso do galego na realización da propia actividade (3 puntos).

• Uso do galego na difusión da actividade (2 puntos).

C) Viabilidade económica do proxecto: máximo 25 puntos.

Valorarase a porcentaxe de subvención solicitada con respecto ao orzamento global (con IVE) do proxecto:

– Do 31 % ao 40 %: 5 puntos.

– Do 41 % ao 60 %: 15 puntos.

– Do 61 % en adiante: 25 puntos.

2. Como puntuación adicional, en cumprimento do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, outorgaranse ata 45 puntos a aquelas solicitudes que cumpran algún dos seguintes aspectos:

A) Agrupacións de concellos baixo calquera fórmula agás a de fusión municipal:

– 15 puntos por presentación de solicitudes conxuntas.

– Ata 15 puntos, segundo os seguintes criterios:

a) Nº de concellos asociados: ata 5 puntos.

b) Nº de servizos que se van prestar de forma compartida: ata 5 puntos.

c) Repercusión sobre o número total de poboación: ata 5 puntos.

– Pola valoración da memoria explicativa do aforro de custos que supón a prestación conxunta sobre a individual: ata 15 puntos.

B) Fusión municipal. Pola mera presentación da solicitude por parte das entidades resultantes da fusión: 45 puntos.

Se por aplicación dos criterios de valoración dous ou máis solicitudes obteñen a mesma puntuación e non é posible, por razóns orzamentarias, adxudicar a axuda a todas elas, para o desempate terá preferencia, en primeiro lugar, a porcentaxe de autofinanciamento que sexa superior e, de persistir o empate, resolverase tendo en conta a data e hora de presentación da solicitude.

Artigo 14. Proposta de resolución

1. O órgano instrutor formulará proposta de resolución provisional debidamente motivada, logo de examinar os expedientes e do informe de avaliación emitido pola comisión de valoración, repartindo o importe total do crédito dispoñible para cada tipo de entidade beneficiaria (institucións sen fin de lucro e entidades locais) de forma proporcional aos importes das axudas solicitadas e da puntuación obtida. Esta proposta provisional farase pública na páxina web da Consellería de Cultura e Turismo, https://www.cultura.gal

2. Os proxectos admitidos que non acaden unha puntuación igual ou superior a 25 puntos no punto 13.1.B dos criterios de valoración (valoración do proxecto que se vai realizar) non terán dereito a subvención; así mesmo, aqueles proxectos que obtendo a puntuación mínima requirida no punto 13.1.B non acaden unha puntuación total igual ou superior a 45 puntos non terán dereito a subvención.

3. A proposta de resolución provisional incluirá a puntuación proposta para cada proxecto admitido, así como as causas que determinaron a non admisión das restantes solicitudes, diferenciando as ditas puntuacións para cada un dos dous tipos de entidades beneficiarias. Para os proxectos admitidos, indicaranse aqueles que superaron a puntuación mínima exixida e aos cales lle denegou a subvención por non acadar a dita puntuación.

4. No suposto de que algunha entidade beneficiaria renuncie á subvención concedida, decaia no dereito á súa percepción ou proceda o reintegro conforme o previsto nestas bases e na normativa que resulte de aplicación, os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuacións aos proxectos admitidos que acadasen a puntuación mínima requirida e que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto. Actuarase do mesmo modo cando, por razóns de dispoñibilidade orzamentaria, se acorde incrementar o crédito máximo inicialmente previsto nesta convocatoria.

5. No caso de que algún dos dous grupos de entidades beneficiarias non esgote o seu orzamento, ben polo número de solicitudes ou pola puntuación obtida, poderase incorporar o importe sobrante dun grupo de entidades beneficiarias ao outro grupo.

6. As entidades disporán de 10 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da data de publicación da proposta provisional, para formular as alegacións que consideren oportunas sobre esta proposta ante a Dirección Xeral de Políticas Culturais no lugar e forma indicados no artigo 7 desta orde.

En todo caso, as entidades que presenten alegacións enviarán un correo electrónico á Dirección Xeral de Políticas Culturais, Servizo de Xestión Administrativa, no seguinte enderezo: xestion-administrativa.cultura@xunta.gal, no que indicarán o día en que presentaron a alegación e o motivo.

7. Logo de examinar as alegacións aducidas polas entidades interesadas, formularase a proposta de resolución definitiva, que deberá expresar as entidades solicitantes para as que se propón a concesión da subvención, o proxecto subvencionado e o importe da subvención proposta. Os proxectos propostos ordenaranse por rigorosa orde de incoación dos expedientes.

8. As propostas de resolución provisional e definitiva non crean dereito ningún en favor do beneficiario proposto fronte a Administración mentres non se lle notifique a resolución de concesión.

Artigo 15. Resolución

1. O conselleiro de Cultura e Turismo, logo da elevación da proposta de resolución definitiva pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, ditará a resolución de concesión, debidamente motivada, de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Na resolución constará a identificación das entidades beneficiarias diferenciando as institucións sen ánimo de lucro e as entidades locais, a actuación subvencionada e o importe subvencionado. Os proxectos subvencionados ordenaranse por rigorosa orde de incoación dos expedientes.

Así mesmo, na resolución de concesión estableceranse as condicións da axuda ás cales quedan sometidas as entidades beneficiarias derivadas da aceptación da subvención.

2. A resolución e concesión notificarase aos interesados consonte o artigo 16 da orde e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, daráselle publicidade na páxina web da Consellería de Cultura e Turismo, https://www.cultura.gal

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de cinco meses, contados a partir do día seguinte da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado o prazo máximo establecido sen que se dite e notifique resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude por silencio administrativo.

Artigo 16. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de conformidade co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As presentes bases habilitan para autorizar as modificacións das características dos proxectos subvencionados atendendo aos obxectivos e requisitos da orde e ao cumprimento da normativa de aplicación, e no caso de entidades locais en particular, ao establecido no artigo 7 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións a entidades locais de Galicia.

3. A autorización para a modificación do proxecto acordarase por resolución do órgano competente para a concesión das axudas, sempre e cando non se causen prexuízos a terceiros.

Artigo 18. Aceptación e renuncia

1. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días hábiles para a súa aceptación, comprometéndose a executar a acción subvencionada nas condicións establecidas na presente convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada, salvo causas de forza maior aceptadas pola comisión de valoración e, de non facelo, incorrerá nas responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. A renuncia á subvención poderase formular por calquera medio que permita a súa constancia, conforme o establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para as subvencións concedidas a agrupacións ou asociacións de concellos, o escrito de renuncia deberá estar subscrito pola persoa representante de cada un dos concellos.

Artigo 19. Obrigas das entidades beneficiarias

As persoas beneficiarias desta axuda quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en concreto, estarán obrigadas a:

1. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o que fosen concedidos. A Consellería de Cultura e Turismo poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución das axudas.

2. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme se establece no artigo 24 da orde de convocatoria.

3. Facer constar en toda a publicidade xerada polo proxecto subvencionado que a entidade beneficiaria recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo utilizando a normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

Artigo 20. Xustificación

1. As entidades beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar a realización dos proxectos subvencionados e a achegar a documentación xustificativa, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ata o 31 de outubro de 2019; transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta perante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos da xustificación das subvencións.

A falta de presentación da xustificación no tempo e forma establecidos neste artigo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Malia o disposto no apartado anterior, o órgano concedente da subvención poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, que non exceda a metade deste e sempre que con iso non se perxudiquen dereitos de terceiros.

As condicións e o procedemento para a concesión da ampliación de prazo son os establecidos no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións autorizadas; no caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, a entidade beneficiaria deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 50 % do importe total do investimento subvencionable, de non alcanzarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinarase a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida.

2. A documentación xustificativa se presentará conforme ao seguinte:

a) Institucións sen fin de lucro.

a.1) Solicitude de pagamento da subvención (anexo III), debidamente cuberta e asinada pola persoa representante da entidade.

a.2) Memoria económica abreviada co contido seguinte: estado representativo dos gastos correntes incorridos para a realización das actividades subvencionadas, debidamente agrupadas.

a.3) Relación de gastos ordenada segundo o concepto a que se atribúe, facturas e xustificantes bancarios do seu aboamento, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

A factura deberá recoller os seguintes datos: identificación do emisor e receptor, data de emisión, número de factura, concepto e importe.

O concepto da factura debe ser o máis detallado posible e reflictir claramente a súa relación co evento obxecto de subvención.

No xustificante bancario deberá constar, ademais do emisor e receptor do pagamento, o número de factura obxecto do pago e a data.

O xustificante da transferencia bancaria estará debidamente identificado e selado pola entidade bancaria, salvo que o pagamento se realice mediante banca electrónica. Neste caso, o xustificante da transferencia bancaria deberá presentarse asinado electronicamente pola persoa representante da entidade local beneficiaria das subvencións.

Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto por provedor, non supere os 300 euros. Neste caso, o pagamento xustificarase mediante a factura asinada e selada polo provedor, en que figure a expresión «recibín en metálico».

a.4) Memoria explicativa do proxecto realizado, que comprenderá, como mínimo, os puntos seguintes:

– Programación das actuacións realizadas.

– Temporalización do evento.

– Localización do evento.

– Repercusión territorial.

– Cuantificación e perfil das persoas participantes.

– Repercusión do evento nos medios de comunicación e redes sociais. Documentación gráfica acreditativa.

– Resultados obtidos.

– Porcentaxe de financiamento propio en relación ao orzamento total do proxecto.

A memoria recollerá explicitamente o cumprimento de cada un dos requisitos do proxecto establecidos no artigo 1.3 da orde.

a.5) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada procedentes das distintas administracións públicas competentes ou outros entres públicos e o compromiso de comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña a partir da data desta declaración (anexo III).

b) Entidades locais.

A xustificación dos gastos realizarase mediante a modalidade de conta xustificativa, a través da presentación por parte da entidade beneficiaria ou, no caso de subvencións concedidas a asociacións ou agrupacións de concellos, polo concello representante, da seguinte documentación:

b.1) Solicitude de pagamento da subvención (anexo III), debidamente cuberta e asinada pola persoa que ten a representación da entidade.

b.2) Conta xustificativa conforme os artigos 8 e 10 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, que incorporará:

– Certificación emitida e asinada electronicamente pola secretaría da entidade local beneficiaria ou da entidade local representante, no caso de agrupación ou asociación de concellos, en que se faga constar:

• O acordo da aprobación polo órgano competente da entidade beneficiaria dos distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación do/da acredor/a, número de factura ou documento equivalente, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente.

• O cumprimento da finalidade da subvención.

• Que, segundo informe da intervención municipal, se tomou razón en contabilidade, na fase de recoñecemento da obriga, dos gastos correspondentes á execución do proxecto subvencionado.

• Que na tramitación dos procedementos de contratación necesarios para realizar o proxecto subvencionado se cumpriu a normativa de aplicación no ámbito local e, especificamente, a que rexe as contratacións das administracións públicas.

– Os documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios.

– De ser o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 18.2 desta orde e 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b.3) Resolución de adxudicación dos contratos realizados, onde quede acreditado, de ser o caso, que a elección entre as ofertas recaeu na proposta económica máis vantaxosa. No suposto de non recaer a adxudicación na proposta economicamente máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria en que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.

b.4) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada procedentes das distintas administracións públicas competentes ou outros entres públicos e o compromiso de comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña a partir da data desta declaración (anexo III).

b.5) Memoria detallada sobre a actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, na que se indicarán, como mínimo, os puntos seguintes:

– Programación das actuacións realizadas.

– Temporalización do evento.

– Localización do evento.

– Repercusión territorial.

– Cuantificación e perfil das persoas participantes.

– Repercusión do evento nos medios de comunicación e redes sociais. Documentación gráfica acreditativa.

– Resultados obtidos.

– Porcentaxe de financiamento propio en relación ao orzamento total do proxecto.

A memoria recollerá explicitamente o cumprimento de cada un dos requisitos do proxecto establecidos no artigo 1.3 da orde.

b.6) Ademais da documentación anterior, no caso de proxectos de xestión compartida a través de asociacións ou agrupación de concellos, na memoria deberase explicar o aforro real de custos acadado en comparación cos gastos derivados da xestión individual das actuacións.

3. A Dirección Xeral de Políticas Culturais poderá requirir en todo momento calquera documentación que considere oportuna para a xustificación da axuda.

Artigo 21. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, e antes de proceder ao seu pagamento, a Dirección Xeral de Políticas Culturais realizará as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento do investimento subvencionado.

2. Non poderá realizarse o pagamento das axudas mentres o beneficiario non se atope ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teña pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedor por resolución da procedencia de reintegro, ao abeiro do artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para os efectos e con carácter xeral, considerarase gasto realizado aquel que esté pagado con anterioridade á finalización do prazo de xustificación, 31 de outubro de 2019.

No caso de entidades locais e de acordo co artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, considerarase gasto realizado cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local. As entidades locais beneficiarias estarán obrigadas a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos realizados no prazo máximo de sesenta días naturais contados a partir da data do ingreso na conta bancaria da entidade local beneficiaria do aboamento da subvención concedida.

Artigo 22. Reintegro da axuda e procedemento sancionador

1. Procederá o reintegro, total ou parcial, das subvencións e axudas públicas percibidas, xunto cos xuros de demora correspondentes, conforme o procedemento establecido no título II da Lei de subvencións de Galicia e normativa que a desenvolve, nos seguintes supostos:

a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención. Sen prexuízo doutros supostos, considerarase incumprimento das condicións establecidas para a concesión, a xustificación de conceptos e elementos que representen menos do 50 % do orzamento das actuacións subvencionables.

b) Incumprimento da obriga de xustificar a efectividade do pagamento da subvención nos termos establecidos no artigo 21.3 desta orde.

En todo caso será reintegrado o financiamento público polo importe pagado da subvención que supere o custo final xustificado do proxecto subvencionado.

c) Incumprimento da obriga de solicitar e obter un mínimo de tres ofertas, nos supostos en que sexa exixible no artigo 18.2 desta orde ou non achegalas xunto coa xustificación da subvención.

d) De conformidade co previsto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o incumprimento da obriga de dar a adecuada publicidade do cofinanciamento das actuacións nos termos establecidos nos artigos 17.9 e 18.e).

e) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos supostos establecidos no artigo 33 da dita lei ou calquera outro que resulte da normativa aplicable.

Nas solicitudes de agrupacións ou asociacións de concellos, responderán de forma solidaria todos os concellos integrantes da agrupación ou asociación.

2. Así mesmo, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria.

3. Ás entidades beneficiarias destas subvencións seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 23. Recursos

Contra esta resolución, as entidades interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura e Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda.

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, importe concedido e a finalidade ou finalidades da subvención, ao abeiro do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e de bo goberno e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación de entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e a referida publicidade.

3. Consonte o artigo 16.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as axudas outorgadas ao abeiro desta orde figurarán no Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios.

4. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 25. Normas de aplicación

No desenvolvemento desta orde observarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

d) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma.

E, suplementariamente:

e) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, reguladora dos requisitos de concesión e xustificacións das subvencións concedidas na Administración do Estado.

f) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que será de aplicación só nos seus preceptos básicos.

g) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

h) Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Disposición adicional. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a súa actualización da información e contidos da carpeta cidadán.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Disposición derradeira primeira

Facúltase o director xeral de Políticas Culturais, no ámbito das súas competencias, para emitir as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file