Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2019 Páx. 9052

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza incluída na oferta de emprego público do ano 2018.

Pola Resolución da Alcaldía de Ponteceso do 31 de xaneiro de 2019 aprobouse a convocatoria pública e as bases reguladoras do procedemento selectivo para a provisión mediante concurso dun posto de traballo vacante, incluído na oferta pública de emprego deste concello para o ano 2018, aprobada pola Resolución da Alcaldía do 21 de novembro de 2018, e publicada no BOP núm. 224, do 23 de novembro de 2018, denominado:

Clasificación

Denominación

Núm. vacantes

C-Subgrupo C1

Administrativo de Administración xeral-xefe unidade administrativa

1

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 25, do 5 de febreiro de 2019, publicouse a convocatoria e as súas bases reguladoras. Poderán participar os funcionarios de carreira ao servizo de calquera das administracións públicas que cumpran os requisitos exixidos.

O prazo para a presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles desde o seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no DOG.

Ponteceso, 6 de febreiro de 2019

Xosé Lois García Carballido
Alcalde presidente