Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica emprazamento persoal no PO 109/2018.

Con data do 19 de novembro de 2018, a Dirección Xeral da Función Pública fixo un emprazamento persoal requirido pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a esta dirección xeral, relativo ao PO 109/2018, contra a Resolución do 29 de novembro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado mediante a Orde do 15 de xuño de 2015.

Logo de intentar dúas veces a notificación do citado emprazamento a través do servizo de Correos no domicilio que consta no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, esta non se puido efectuar, e foron devoltas polo dito servizo por «Non retirado» tras os dous intentos, respectivamente, en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio notifícalle á persoa interesada no citado procedemento, co DNI 76720006X, o emprazamento antes referido.

A persoa interesada pode recoller a notificación do emprazamento mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días contados a partir do siguiente ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública