Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no parque eólico de Monciro 118-EOL.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico de Monciro, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 29 de xaneiro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 118-EOL.

Denominación: parque eólico de Monciro.

Convocatoria levantamento de actas previas: días 12, 13, 14 e 15 de marzo de 2019 no Concello de Pol, o 14 de marzo de 2019 no de Castroverde.

Predio

Propietario

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Vía

Gabia

262

Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido)

119

261

Monciro

Piñeiral

1344

396