Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Garajes Dacosta, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 4 dos estatutos (modificación do obxecto social), da entidade Garajes Dacosta, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral extraordinaria do 12 de novembro de 2018, por unanimidade.

O novo obxecto social é a prestación de servizos en xeral de lavado, reparación e compravenda de vehículos, repostos, reciclado de produtos, taller de vehículos. Mantemento e reparación de vehículos a motor.

A reparación de servizos de hostalaría, hoteis e aloxamentos similares, restaurante e café bar,

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 4 dos estatutos (modificación do obxecto social), da entidade Garajes Dacosta, S. Coop. Galega.

Vigo, 23 de xaneiro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra