Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos de responsabilidade patrimonial que foron devoltas polo servizo de Correos (expediente RP/14/00189 e dous máis).

En aplicación da disposición transitoria terceira, letra a), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións ditadas nos procedementos de responsabilidade patrimonial devoltas polo servizo de Correos porque, intentadas as notificacións, non se puideron practicar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren a resolución nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no Complexo Administrativo San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que os demandantes teñan o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia dos interesados, de ser o caso; sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida presentar un recurso de reposición ante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Núm. de procedemento

Persoa interesada

Resolución

RP/14/00189

Juan Benito Lampón Mariño

Arquivamento por desaparición sobrevida do obxecto do procedemento

RP/15/00115

Antonio Manuel Trujillo Ureña

(Rpdo. Aseguradores Agrupados, S.A. de Seguros)

Estimatoria parcial

RP/15/00115

UTE CRC Obras y Servicios, S.L. - Const.

Ramón Vázquez y Reino, S.L.

Estimatoria parcial