Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9509

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para o ano 2019.

Visto o artigo 91.1 da Lei reguladora das bases do réxime local, o artigo 128.1 do Real decreto lexislativo 781/1986 que aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, e o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público e Real decreto 1449/2018 polo que se establece o coeficiente redutor da idade de xubilación dos policías locais.

Visto o Decreto da Alcaldía do 2 de xaneiro de 2019, publicado no DOG número 20, do 29 de xaneiro, proceder a súa ampliación.

Visto o artigo 21.1.g) da Lei reguladora das bases do réxime local, que atribúe a esta alcaldía a aprobación da oferta de emprego público.

Decreto:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público para este exercicio:

Cinco prazas de axentes da policía local pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais e clase de policía local, subgrupo C1. Tres (3) prazas polo sistema de provisión libre e dúas (2) prazas polo sistema de concurso de méritos para a quenda de mobilidade horizontal para o acceso desde outros corpos da policía local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Publicar a oferta de emprego público na páxina web do Concello, no seu taboeiro de anuncios e no Diario Oficial de Galicia.

Ribadavia, 30 de xaneiro de 2019

José Ignacio Gómez Pérez
Alcalde