Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9514

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Valadouro

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual das normas subsidiarias deste concello.

O Pleno do Concello do Valadouro, na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación do 14 de decembro de 2018, adoptou, por unanimidade dos concelleiros asistentes (11 votos), a adopción do seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación puntual das normas subsidiarias do Concello do Valadouro.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións oportunas.

A consulta da documentación da modificación puntual pódese realizar nas instalacións do Concello do Valadouro, en horario laborable, de luns a venres, ou na sede web www.valadouro.org

O Valadouro, 24 de xaneiro de 2019

Edmundo Maseda Maseda
Alcalde