Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9677

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluidos/as no concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, convocado mediante a Resolución do 25 de setembro de 2018.

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 25 de setembro de 2018 (DOG núm. 193, do 9 de outubro), convocouse concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes á escala de saúde pública e administración sanitaria.

Finalizado o prazo de presentación de instancias, e de conformidade coa base décima da resolución de convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluidos/as no concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, convocado mediante a Resolución do 25 de setembro de 2018.

Segundo. As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluidos/as están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. De conformidade coa base 10.2) da resolución de convocatoria, as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que poderán presentar no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude de participación neste proceso, non consten como admitidas nin excluidas, disporán do mesmo prazo para formularen a súa reclamación.

A estimación ou desestimación das emendas solicitadas entenderase implícita na resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluidos/as para participar neste concurso e que fará públicas as puntuacións e os destinos provisionalmente asignados.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos