Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 31 de xaneiro de 2019, polo que se aproba definitivamente o proxecto da liña eléctrica de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como das disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 31 de xaneiro de 2019, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1ª. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. Infraestrutura eléctrica evacuación parque eólico Pena Forcada-Catasol II. Xaneiro 2019, sita nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (A Coruña), promovida por Naturgy Renovables, S.L.U.

2ª. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 polo que se aproba o Plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o Acordo do 5 de decembro de 2002, os planeamentos nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas quedan vinculados ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

De conformidade co artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, publícanse como anexo a esta resolución as disposicións normativas do proxecto sectorial denominado infraestrutura eléctrica evacuación parque eólico Pena Forcada-Catasol II.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Disposicións normativas do proxecto sectorial

1. Análise do plan urbanístico vixente.

1.1. Laxe.

Laxe dispón dun Plan xeral de ordenación municipal aprobado en outubro de 2009. Segundo a súa documentación planimétrica, a alternativa seleccionada atravesa as seguintes clases de solo:

• Solo rústico de especial protección forestal.

• Solo rústico de especial protección agropecuaria.

• Solo rústico de especial protección da paisaxe.

• Solo rústico de especial protección de augas.

• Solo rústico de especial protección de infraestruturas.

En canto aos usos admitidos en cada un dos tipos de solo afectados:

Solo rústico de especial protección forestal:

Segundo o artigo 305 da súa normativa, entre os usos admisibles neste tipo de solo atópanse o das instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicación, infraestrutura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos cales discorren. Tendo isto en conta, a liña eléctrica sería autorizable neste tipo de solo.

Solo rústico de especial protección agropecuaria:

Segundo o artigo 302 da súa normativa, entre os usos admisibles neste tipo de solo atópanse o das instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicación, infraestrutura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos cales discorren. Tendo isto en conta, a liña eléctrica sería autorizable neste tipo de solo.

Solo rústico de especial protección da paisaxe:

Segundo o artigo 316 da súa normativa, entre os usos admisibles neste tipo de solo atópanse o das instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicación, infraestrutura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos cales discorren. Tendo isto en conta, a liña eléctrica sería autorizable neste tipo de solo.

Solo rústico de especial protección de augas:

Segundo o artigo 306 da súa normativa, entre os usos admisibles neste tipo de solo atópanse o das instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicación, infraestrutura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos cales discorren. Tendo isto en conta, a liña eléctrica sería autorizable neste tipo de solo.

Solo rústico de especial protección de infraestruturas:

Segundo o artigo 309 da súa normativa, entre os usos admisibles neste tipo de solo atópanse o das instalacións necesarias para os servizos técnicos de telecomunicación, infraestrutura hidráulica e as redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, gas, abastecemento de auga e saneamento, sempre que non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos cales discorren. Tendo isto en conta, a liña eléctrica sería autorizable neste tipo de solo.

Tendo en conta todo o anterior, considérase a alternativa seleccionada compatible coas determinacións urbanísticas do Plan xeral de ordenación urbanística de Laxe.

1.2. Zas:

Zas dispón dun Plan xeral de ordenación municipal aprobado en setembro de 2007. Nel clasifícanse os solos afectados pola alternativa seleccionada como solo rústico de especial protección forestal. O artigo 8.2.1 establece entre os usos e actividades autorizables neste tipo de solo as infraestruturas de transporte de enerxía eléctrica. Tendo isto en conta, a liña eléctrica sería autorizable neste tipo de solo.

Por tanto, considérase a alternativa de trazado seleccionada compatible coas determinacións urbanísticas do Plan xeral de ordenación urbanística de Zas.

1.3. Cabana de Bergantiños.

O Plan xeral de ordenación municipal de Cabana de Bergantiños aprobouse definitivamente o 9 de xuño de 1999. Segundo a súa documentación planimétrica, a alternativa seleccionada atravesa solo rústico común e solo rústico de especial protección forestal. Neste segundo tipo de solo sitúase tamén a nova subestación transformadora 20/66 kV.

Solo rústico común:

O artigo 142 da normativa establece entre os usos característicos deste tipo de solo as edificacións e instalacións de utilidade pública ou interese xeral que teñan que situarse necesariamente neste tipo de solo, ou que a súa localización veña determinada polas características e exixencias da actividade. A liña eléctrica en proxecto pode considerarse entre este tipo de instalacións, polo que resulta admisible neste tipo de solo.

Solo rústico de especial protección forestal:

Neste tipo de solo non se establece unha prohibición expresa para ningunha actividade, salvo para os peches de fábrica alleos á paisaxe forestal.

Tendo en conta todo o anterior, considérase a alternativa de trazado seleccionada compatible coas determinacións urbanísticas do Plan xeral de ordenación urbanística de Cabana de Bergantiños.

2. Regulamentación detallada das condicións de deseño, uso e de adaptación ao medio.

Atendendo á análise realizada, as infraestruturas proxectadas resultan compatibles cos tipos de solo a través dos cales discorre. Estes solos deberán ser cualificados como solo rústico de protección de infraestruturas na súa zona de servidume, definida por unha franxa baixo trazado da liña eléctrica aérea delimitada de 16 metros de largura ao longo de todo o percorrido da liña (excepto entre os apoios 11-12, con largura de 17 m, e apoios 33-34 con largura de 25 m), e na parcela sobre a cal se instalará a subestación eléctrica, co obxecto de asegurar a compatibilidade co uso a que quedará adscrita.

2.1. Ámbito.

Comprende esta categoría de solos as zonas delimitadas nos planos como solo rústico de protección de infraestruturas exclusivamente na área comprendida dentro dunha franxa de 16 m de largura baixo trazado da liña eléctrica, excepto entre os apoios 11-12 con 17 m e os apoios 33-34 de 25 m (zona de servidume) e a parcela de ocupación da subestación de transformación, sen alterar o resto do plan.

2.2. Condicións de uso e licenzas.

Como uso permitido establécese o da instalación de infraestruturas de transporte ou transformación eléctrica, así como os permitidos con anterioridade (agrícola, forestal ou gandeiro), sempre que se respecten os límites de servidume eléctrica marcados pola lexislación sectorial e os sinalados nos planos do presente documento. As concesións de licenzas de actividade ou de concesión de usos rexeranse pola normativa sectorial e municipal correspondente.

2.3. Condicións estéticas.

Axustaranse ás determinadas nos proxectos técnicos que definen as infraestruturas e ao que, de ser o caso, se determine na correspondente declaración de impacto ambiental.

2.4. Eficacia.

Xunto co procedemento establecido no artigo 25 da Lei 10/1995 para a aprobación definitiva do proxecto sectorial polo Consello da Xunta, deberase considerar tamén a disposición establecida no artigo 29 da normativa do Plan sectorial eólico de Galicia, segundo a cal, á marxe de cando adecúen o plan, implica para o concello afectado a obrigación de conceder a licenza de obras para as consecuentes instalacións, seguindo os trámites previstos na lexislación de réxime local e do procedemento administrativo común.

A adecuación do plan urbanístico vixente ao proxecto sectorial deberase realizar coa redacción e tramitación:

1. Da primeira modificación puntual que por calquera causa acorde o Concello e que obviamente pode ser expresamente para esta adaptación.

2. Da revisión do plan urbanístico municipal vixente.

3. Da redacción de novos instrumentos de plan xeral.

3. Cualificación das obras e instalacións como de marcado carácter territorial.

De acordo co establecido na modificación do plan sectorial eólico de Galicia, as obras obxecto deste proxecto sectorial cualifícanse expresamente como de carácter territorial e, en consecuencia, quedan exentas das autorizacións urbanísticas a que se refire o artigo 11.4 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.