Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9551

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2019, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 243, do 21 de decembro de 2018, é necesario facer a seguinte corrección:

No anexo III provincia de Ourense, na páxina 53271, onde di: «91. Xunqueira de Ambía, 30 de abril, San Pedro; 16 de agosto, San Roque», debe dicir: «91. Xunqueira de Ambía, 29 de abril, San Pedro; 16 de agosto, San Roque».