Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9555

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 22, do 31 de xaneiro de 2019, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 6380, disposición adicional décimo primeira, onde di: «Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación destes procedementos deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)», debe dicir: «Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación dos procedementos MR239G e MR239O deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)».