De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 14 de xaneiro de 2019 relativo ao proxecto da planta de xestión de residuos da construción e demolición na parroquia de Paleo, concello de Carral, promovido por Transportes Vasa Norte, S.A.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos
E nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2019
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático