Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2019 Páx. 9766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2019 pola que se emprazan as partes interesadas na ampliación do procedemento abreviado 216/2018 interposto por Javier Pérez Guerra e Xosé Henrique Costas González.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 216/2018, interposto por Javier Pérez Guerra e Xosé Henrique Costas González contra o Acordo do Consello de Goberno da Universidade de Vigo, do 21 de marzo de 2018, en que aproban o procedemento e os criterios de selección de áreas de coñecemento para participar na convocatoria de prazas de promoción interna a catedrático/a de universidade para o ano 2017, e contra a non resolución das solicitudes de suspensión de 12 de abril de 2018.

Con data do 17 de xaneiro de 2019 o devandito xulgado dita auto polo cal se amplía este recurso á Resolución do 19 de novembro de 2018, da Universidade de Vigo, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios (catedrático/a de universidade).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, que conta a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 24 de xaneiro de 2019

Manuel J. Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo