Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2019 pola que se notifica a Resolución do 18 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en adiante, APLU) no ano 2018 que non foron obxecto de publicación, que se incorpora como anexo a esta resolución, tendo en conta que os convenios de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística entran en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Importe económico

Data da sinatura

Entrada en vigor

Convenio de adhesión á APLU Concello de Ribeira

Adhesión á APLU do Concello de Ribeira con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial

Contribución Concello Ribeira: 6.200 € e 50 % multas coercitivas e sancións impostas en exercicio competencias delegadas

25.10.2017

15.2.2018

Convenio de adhesión á APLU Concello de Mondariz

Adhesión á APLU do Concello de Mondariz con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial

Concello Mondariz: dereito 10 % multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, co máximo de 30.000 €/ano

6.6.2018

26.6.2018

Convenio de colaboración coa EGAP para desenvolver actividades de formación, divulgación e investigación

Participación nas actividades da EGAP do persoal dependente APLU, colaboración e desenvolvemento conxunto de actividades de caracter formativo, divulgador e investigador en materias de competencia das institucións asinantes

Sen achega económica

1.6.2018

Convenio da Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas curriculares do estudantado Máster Asesoramento Xurídico Empresarial

Posibilitar aos estudantes da titulación Máster Asesoramento Xurídico Empresarial da Universidade da Coruña a realización de prácticas na APLU

Sen achega económica

14.9.2018

Convenio de adhesión á APLU Concello de Lobios

Adhesión á APLU do Concello de Lobios con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial

Concello Lobios: dereito 10 % multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, co máximo de 30.000 €/ano

26.9.2018

20.10.2018

Convenio de adhesión á APLU Concello Xunqueira de Espadanedo

Adhesión á APLU do Concello de Xunqueira de Espadanedo con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial

Concello Xunqueira de Espadanedo: dereito 10 % multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, co máximo de 30.000 €/ano

26.9.2018

20.10.2018

Convenio de adhesión á APLU Concello de Mondariz Balneario

Adhesión á APLU do Concello de Mondariz Balneario con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial

Concello Mondariz Balneario: dereito 10 % multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, co máximo de 30.000 €/ano

26.9.2018

20.10.2018

Convenio de adhesión á APLU Concello de Brión

Adhesión á APLU do Concello de Brión con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial

Concello Brión: dereito 10 % multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, co máximo de 30.000 €/ano

26.9.2018

1.11.2018