Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2019 Páx. 10126

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (835/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 835/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Pereira Saavedra contra Turmens Logística Urgente, S.L., Fogasa sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2019

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 835/2017, seguidos por instancia de José Antonio Pereira Saavedra, asistido pola letrada Sra. Rúa López, contra a entidade Turmens Logística Urgente, S.L., e Fogasa que non comparecen a pesar de estar debidamente citados, dítase a presente resolución, sobre reclamación de cantidade, con base nos seguintes;

Decido

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de José Antonio Pereira Saavedra, contra a entidade Turmens Logística Urgente, S.L., e Fogasa, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 5.541,16 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a devandita cantidade, percibidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase, igualmente, ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, co núm. 1596, clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “34 social suplicación”, o que acreditará mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza