Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018085TA-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 10 de decembro de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 2018085TA-OU incoado ao titular da carta nacional de identidade 11351175 e enderezo en Santa Cruz Trinidade. 5400-661 Chaves (Portugal).

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular da carta nacional de identidade 11351175 o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen o artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Tamén as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, podendo realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 23 de xaneiro de 2019

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2018085TA-OU.

DNI/NIF/CIF: carta nacional de identidade 11351175.

Último enderezo coñecido: Santa Cruz Trinidade. 5400-661 Chaves (Portugal).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria:

Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010.

Artigo.7.u.- Artigo 19.2.a).

Sanción proposta: trinta euros (30 €).