Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10320

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos

EDICTO de notificación de sentenza (140/2018).

DCT divorcio contencioso 140/2017

Procedemento de orixe: /

Sobre outras materias

Demandante: Tomás Codesido Rodríguez

Procuradora: Fanny Josefina Crespo Vázquez

Demandada: Pilar Núñez Betanzos

Eu, Eva Manuela García Mallo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos, anuncio que no presente procedemento, seguido por instancia de Tomás Codesido Rodríguez contra Pilar Núñez Betanzos, foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Monforte de Lemos, 16 de novembro de 2018

Vistos por min, César Antonio Saco Figueiras, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos e o seu partido xudicial, os presentes autos de divorcio contencioso número 140/2017, promovidos pola procuradora Sra. Crespo Vázquez, en nome e representación de Tomás Codesido Rodríguez e asistido polo/a letrado/a Sr/a. Tapia Fernández, contra Pilar Núñez Betanzos, en situación de rebeldía procesual, no cal non é parte o Ministerio Fiscal,

Decido:

Estimando a demanda interposta pola procuradora Sra. Crespo Vázquez, en nome e representación de Tomás Codesido Rodríguez contra Pilar Núñez Betanzos, que debo declarar e declaro disolto por causa de divorcio o matrimonio dos litigantes, celebrado o 26 de marzo de 1993 en Monforte de Lemos (Lugo), con todas as medidas legais inherentes a tal declaración.

Como medidas civís, atribúese o uso e desfrute da vivenda familiar a Tomás Codesido Rodríguez.

Acórdase a disolución do réxime económico matrimonial a partir da firmeza desta resolución.

Non se fai especial pronunciamento canto ás custas.

Firme esta sentenza, comuníquese ao Rexistro Civil en que se atope inscrito o matrimonio para a súa inscrición.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de apelación, dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, conforme o disposto na LAC.

Así o pronuncia, manda e asina. Dou fe».

E atopándose a dita demandada, Pilar Núñez Betanzos, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Monforte de Lemos, 8 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza