Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10277

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre clasificación do posto de nova creación de secretario-interventor/a asesor/a como posto reservado a funcionarios da Administración local de habilitación de carácter nacional na Deputación Provincial de Ourense.

Con data do 11 de xaneiro de 2019, a Deputación Provincial de Ourense comunicou á Dirección Xeral de Administración local a creación da praza de secretario-interventor/a asesor/a para a prestación dos servizos de asistencia a concellos que exerce esa entidade local debido a sobrecarga de traballo actual na prestación dese servizo.

Este posto de secretario-interventor/a asesor/a é un posto que ten asignadas o desempeño das funcións propias de habilitación de acordo co establecido no Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O artigo 16 do citado Real decreto 128/2018 habilita as deputacións provinciais para prestar asistencia ás entidades locais no exercicio das funcións reservadas a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O expediente tramitado pola deputación é conforme o disposto nos artigos 8 e 16 do citado Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional e no artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, e reúne os requisitos para a súa tramitación de conformidade co informe emitido con esta mesma data pola subdirectora xeral de Réxime Xurídico Local.

Polo exposto, e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e no artigo 22 do Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

RESOLVO:

Crear e clasificar o posto de secretario-interventor/a asesor/a da Deputación Provincial de Ourense como posto reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional de secretaría clase terceira, aberto á subescala de secretaría-intervención.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, os interesados poderán interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. Así mesmo, a entidade local poderá presentar previamente requirimento no prazo de dous meses conforme o disposto ao artigo 44 da dita Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración local