Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10316

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (734/2017).

PO procedemento ordinario 734/2017

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Javier Alejandro Gonçalves Montoya

Avogado: Javier Blanco Casais

Demandados: Grupo Creación y Extinción, S.L., Fogasa

Avogado: letrado do Fogasa

Edicto

Eu, Marinaa Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 734/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Alejandro Gonçalves Montoya contra Grupo Creación y Extinción, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2019

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 734/2017, seguidos por instancia de Javier Alejandro Gonçalves Montoya, representado e asistido polo letrado Sr. Blanco Casais, contra a entidade Grupo Creación y Extinción, S.L. e o Fogasa, que non comparecen a pesar de estaren debidamente citados, dítase a presente resolución, sobre reclamación de cantidade, con base nos seguintes […]

Decido:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Javier Alejandro Gonçalves Montoya, contra a entidade Grupo Creación y Extinción, S.L. e o Fogasa e debo condenar a demandada ao aboamento ao demandante da cantidade de 4.478,37 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, producidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) até a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Imponse a cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación. Advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596 clave 65, coa indicación “recurso” no campo do concepto, seguida do código 34 Social Suplicación, o que se demostrará mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido até a formalización do recurso, así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, que deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Creación y Extinción S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza