Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10402

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de modificación da oferta de emprego público do ano 2018.

A Xunta de Goberno local, na sesión extraordinaria e urxente do 21 de xaneiro de 2019, adoptou acordo de resolución do recurso de reposición interposto contra o acordo da Xunta de Goberno local do 23.11.2018, polo que se aproba a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2018 (expediente 33226/220), no sentido seguinte:

Primeiro. Desestimar, de conformidade cos informes emitidos no expediente, e pola motivación legal exposta, a petición de suspensión do acto impugnado, solicitada pola representación da sección sindical do sindicato de traballadores CC.OO. do Concello de Vigo.

Segundo. Estimar parcialmente, de conformidade cos informes emitidos no expediente, o recurso interposto rectificando nunha praza o número de vacantes correspondente a Oferta de Emprego Público 2018, segundo o informe técnico da data da sinatura electrónica.

Praza

Quenda

(quenda libre/
promoción interna)

Tipo de vínculo xurídico (funcionarios de carreira/persoal laboral fixo)

Número de prazas ofertadas

Observacións

Técnico/a de Administración xeral (rama xurídica)

Libre

Funcionario de carreira

1

Auxiliar/a Admón. xeral

Libre

Funcionario de carreira

3

Subalterno/a

Libre

Funcionario de carreira

4

Unha delas reservada para persoas con discapacidade

Técnico de xestión

Libre

Funcionario de carreira

1

Persoal indefinido

Técnico/a medio servizos económicos

Libre

Funcionario de carreira

1

Persoal indefinido

Enxeñeiro/a de camiños

Libre

Funcionario de carreira

1

Enxeñeiro/a-técnico/a industrial

Libre

Funcionario de carreira

1

Técnico/a medio

arquivos

Libre

Funcionario de carreira

1

Enxeñeiro/a técnico/a

Libre

Funcionario de carreira

1

Diplomado/a traballo social

Libre

Funcionario de carreira

3

Inspector obras, servizos

Promoción interna

Funcionario de carreira

1

Programador informática

Promoción interna

Funcionario de carreira

1

Operador informática

Libre

Funcionario de carreira

1

Sarxento extinción incendios

Promoción interna

Funcionario de carreira

2

Bombeiro/a

Quenda libre (6)

Promoción interna(3)

Funcionario de carreira

9

Policía local

Quenda libre

Funcionario de carreira

8

Auxiliar biblioteca

Promoción interna

Funcionario de carreira

4

Unha reservada para persoas con discapacidade

Director réxime interior Zoo

Libre

Persoal laboral

1

Disposición transitoria 4ª TREBEP

Oficial oficios

Libre

Persoal laboral

10

Ferreiro, pavimentador,

2 electricistas, 3 condutores e

3 coidadores zoo

Axudante oficios

Libre

Persoal laboral

8

Tres delas correspóndense con 3 indefinidos por sentenza xudicial. Tres delas reservadas para persoas con discapacidade (dúas delas para discapacitados intelectuais)

Total prazas OEP 2018

62

Das 62 prazas, 51 ofértanse pola quenda libre, das cales 5 se corresponden con persoal indefinido por sentenza xudicial e unha a persoal afectado pola disposición transitora 4ª do TREBEP, 5 resérvanse para persoas con discapacidade, dúas delas para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual

(7 % das 63 prazas convocadas)

Terceiro. Desestimar, de conformidade cos informes emitidos no expediente e pola motivación legal exposta, os demais motivos alegados no recurso.

Cuarto. Ordenar a publicación da presente oferta no BOE e notificar o presente acordo ao recorrente, ao Comité de Persoal, á Intervención Xeral e ao persoal técnico da Área de Recursos Humanos e Formación para os efectos oportunos.

Contra a resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da notificación do acto administrativo que poña fin á vía administrativa, nos supostos, termos e condicións previstos nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 29 de xaneiro de 2019

O alcalde
P.D. (Decretos e acordos do 19.6.2015 e 30.12.2016)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal