Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2019 Páx. 10260

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2019 pola que se publica o requisito de exixencia do nivel de coñecemento de inglés que afecta os graos impartidos na Escola de Enxeñaría Industrial.

Os plans de estudo da Universidade de Vigo que se detallan a continuación e que foron publicados no Boletín Oficial del Estado do 11 de xaneiro de 2013, unha vez establecido o carácter oficial dos títulos por acordo do Consello de Ministros, do 12 de novembro de 2010, publicados mediante resolución da Secretaría Xeral de Universidades, do 22 de novembro de 2010 (BOE do 16 de decembro).

De conformidade co que dispón o artigo 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudo xa verificados, e tras obter o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia á solicitude da Universidade de Vigo de modificación do plan de estudos,

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o requisito de exixencia de nivel de coñecemento de inglés que afecta aos plans de estudo conducentes á obtención das ensinanzas de grao que se recollen no anexo:

«O alumnado que acceda por primeira vez aos graos impartidos na Escola de Enxeñaría Industrial a partir do curso académico 2018/19 deberá acreditar, antes da solicitude de defensa do traballo de fin de grao, a obtención dun nivel de competencia lingüística en inglés, equivalente polo menos, ao nivel B1 do MCERL».

«Quedará exento de acreditar a dita competencia lingüística o alumnado matriculado con anterioridade ao curso 2018/19».

Vigo, 29 de xaneiro de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Ensinos afectados pola modificación

Código RUCT

Graduado/a en Enxeñaría Eléctrica

2502245

Graduado/a en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática

2502246

Graduado/a en Enxeñaría en Organización Industrial

2502247

Graduado/a en Enxeñaría en Química Industrial

2502248

Graduado/a en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

2502249

Graduado/a en Enxeñaría Mecánica

2502251

Graduado/a en Enxeñaría Biomédica

2503668