En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización dun encargo a medios propios, tramitado pola entidade pública Portos de Galicia, para a execución das seguintes obras:
– Demolición de naves e acondicionamento de zona portuaria de Viveiro (2ª fase).
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.
b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.
c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.
d) Clave do expediente: 2/2018/CNTENC.
2. Obxecto do encargo.
Descrición do obxecto: demolición de naves e acondicionamento de zona portuaria de Viveiro (2ª fase).
3. Formalización do encargo.
a) Data de formalización da orde de execución: 11 de febreiro de 2019.
b) Data de publicación no perfil do contratante: 11 de febreiro de 2019.
c) Entidade (medio propio da Xunta): Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa).
d) Nacionalidade: española.
e) Orzamento de execución pola Administración a través de Tragsa: 124.643,62 euros, sen IVE.
f) Financiamento: este encargo farase con cargo ao orzamento de Portos de Galicia, dentro da súa partida orzamentaria denominada «62208. Pavimentos, calzadas e vías de circulación».
g) Prazo de execución: dous (2) meses, contados desde a data da acta de trazado de planta das obras, que deberá ser asinada no prazo dun (1) mes, contado desde a sinatura da orde de execución deste encargo.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia