Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10543

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Por Resolución do 14 de setembro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 21 de setembro), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de xeito definitivo que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos.

Para a devolución do importe ingresado por aqueloutras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos, e figuren nesta resolución como excluídas, será necesaria a presentación dun escrito en que se faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a súa localidade ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Cota específica base I.1.1:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Covelo Pérez, José Miguel

3607****

65

Lemos Badía, Javier

****3748

65

López López, Milagros

7662****

65

Portela Castro, Patricia

****8358

65

Soto Maceiras, Paulo

3264****

65

Acceso xeral:

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Dapía Prieto, Isabel Teresa

****3956

20, 63

Díaz Contreras, Ignacio

1185****

20, 66, 67

García Seara, Ramón

****8861

20, 63

Harinero Harinero, María José

3610****

66, 67

Iglesias Suárez, Laura

****5621

20, 66, 67

Lazare Iglesias, Ángel

3354****

20, 66, 67

Longo Lorenzo, Catalina

****6101

86

Malvido Campos, Raquel

3614****

20, 66, 67

Mitchell Tenreiro, Gonzalo

****7808

65

Núñez Gómez, Óscar

3428****

43

Orza Ocampo, Montserrat

****7231

67

Pedroviejo García, Marta

0314****

20, 66, 67

Piñeiro Sobredo, Ana

****5154

20, 66, 67

Real Castro, Jorge

3331****

43

Rey Ferro, Carmelo

****3982

20, 66, 67

Rial Ares, Pablo

4584****

20, 66, 67

Sousa Alonso, María

****3965

43

Souto Martín, Susana

3277****

20, 66, 67

Teijeiro López, Margarita

****5977

21

Vicente Davila, Fernando

3545****

20, 63

Vidán Estévez, María del Pilar

****6261

66, 67

Vigo Blanco, Daniel

3531****

67, 86

Código

Descrición

20

Taxas non aboadas

21

Importe taxas ingresadas inferior ao estipulado

43

Desistencia da solicitude

63

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de familia numerosa ordinaria

65

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de discapacidade

66

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria

67

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego

86

Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria

87

Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego