Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10476

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

BDNS (Identif.): 440122.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que estea cursando durante o curso 2018/19, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º da educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2019.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 1.483.323,30 euros.

Número de prazas: 1.600.

Importe individual: a contía da axuda para cada persoa beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo por praza e a achega que lle corresponda segundo os custos e os grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados na táboa seguinte e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar:

Achega das familias (€)

Curso

Modalidade

Duración

Nº prazas

Custo por praza (€)

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

2º BACH.

Inglés en Canadá

3 semanas

80

2.950

375

670

1.180

1.475

Inglés no Reino Unido

3 semanas

90

2.244,55

285

510

898

1.122

Francés en Francia

3 semanas

15

2.244,55

285

510

898

1.122

Portugués en Portugal

3 semanas

5

2.000,13

254

454

800

1.000

1º BACH.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

150

2.244,55

285

510

898

1.122

Inglés en Canadá

3 semanas

135

2.950

375

670

1.180

1.475

Inglés en Canadá-Integración

4 semanas

30

3.367

428

764

1.347

1.684

Inglés en Galicia

1 semana

50

755,04

96

171

302

378

Francés en Francia

3 semanas

15

2.244,55

285

510

898

1.122

Portugués en Portugal

3 semanas

5

2.000,13

254

454

800

1.000

4º ESO

Inglés en Galicia

1 semana

50

755,04

96

171

302

378

4º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

90

554,18

70

126

222

277

3º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

180

554,18

70

126

222

277

2º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

325

554,18

70

126

222

277

1º ESO

Inglés en Galicia

2 semanas

380

554,18

70

126

222

277

Total prazas: 1.600

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional