Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10628

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Valga para desenvolver as facultades de recadación das multas de tráfico.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 14 de setembro de 2018, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Valga por Acordo do Pleno, na sesión do 19 de marzo de 2018, das facultades de recadación das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico, desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio.

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 1 de outubro de 2018

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2016007829, do 25.4.2016)

Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Economía,
Facenda e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra