Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2019 Páx. 10512

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2019 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realicen algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.

Pola Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga), onde se establece a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2019 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor e conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp anúnciase a convocatoria dos cursos de formación continua dirixidos ao persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2019, cuxas bases e características, especifícanse nos anexos desta resolución.

A Estrada, 12 de febreiro de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Actividades formativas

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo desta resolución, no cal, se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde.

Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública
(r/ Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos delas se poidan facer fóra das súas instalacións.

De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.

Segunda. Contido das actividades formativas

O contido das diferentes actividades formativas convocadas pola presente resolución pode consultarse na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública
(http://agasp.xunta.gal) na epígrafe «Formación».

Terceira. Destinatarios/as

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia.

Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Cuarta. Requisitos de participación dos/das solicitantes

1. Requisitos xerais:

a) Ter superado o curso básico de protección civil.

b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.

Ao persoal voluntario que cumpra os requisitos anteriores poderáselle requirir, con anterioridade á súa posible admisión no/nos curso/s seleccionado/s un informe emitido pola persoa responsable da súa AVPC autorizando a realización do mesmo. O dito informe, se fose o caso, requirirase única e exclusivamente a todas as persoas solicitantes dos cursos onde houbese menor número de prazas que de solicitudes que cumpran os requisitos; o mencionado informe será remitido por correo electrónico ao enderezo
formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal

A Agrupación/Asociación de Voluntarios de Protección Civil a que pertenza o solicitante deberá estar inscrita regulamentariamente no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.

Quinta. Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp
(http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o que é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 12, 886 20 61 37 e 886 20 61 38 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

f) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

g) Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp resérvase a facultade de anular a actividade formativa.

Sexta. Prazo de inscrición

O prazo de inscrición será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.

Sétima. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se relacionan e na orde indicada, sen prexuízo de que algúns cursos requiran criterios específicos, os cales se indicarán na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp
http://agasp.xunta.gal

1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un cincuenta por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

2º. Teñen preferencia as persoas de maior rango xerárquico, se as houbese.

3º. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.

Cando no proceso de selección non se completase a reserva do punto primeiro, a dita reserva, de existir suficiente número de solicitantes, completarase co resto de solicitudes.

Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso nos últimos catro anos só poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes. De non existiren vacantes, poderán figurar na lista de reserva despois dos solicitantes que non tivesen o curso.

Oitava. Admisión

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os/as alumnos/as seleccionados/as serán informados/as da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

Novena. Uniformidade

É obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa na actividade.

Décima. Aloxamento e manutención

O alumnado poderá solicitar aloxarse na Agasp, en función das dispoñibilidades que existan nas datas previstas para a celebración da actividade formativa para que sexa seleccionado, segundo o disposto nas normas de réxime interior en vigor.

Unha vez comunicada a selección, a persoa interesada deberá solicitar o aloxamento enviando unha mensaxe ao correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, con anterioridade á data de inicio da actividade formativa.

Terá preferencia no aloxamento o alumnado que acredite estar en situación de desemprego.

A Agasp tamén de luns a venres proporcionará a manutención ao alumnado que teña a condición de voluntario/a de protección civil sempre que acrediten estar en situación de desemprego nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.

A situación de desemprego deberá acreditarse polo/a alumno/a seleccionado/a na data de inicio do curso, mediante a presentación da tarxeta de desemprego ou calquera documentación acreditativa válida en dereito.

Todo isto, tanto o aloxamento coma a manutención, estará condicionado ás dispoñibilidades organizativas e orzamentarias da Agasp.

Décimo primeira. Dereitos e deberes do alumnado participante

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp.

Décimo segunda. Faltas de asistencia

O Regulamento de réxime interior da Agasp regula no seu artigo 16 as faltas de asistencia nos cursos:

«1. A asistencia ás clases e actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria. As faltas que as/os alumnas/os acumulen deberán xustificarse debidamente e penalizaranse disciplinariamente en caso contrario.

2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % das clases do curso de formación será declarado non apto e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita.

De ser necesario, e só nos casos en que a inasistencia ás clases estea motivada por accidente ou lesión sufridos con ocasión da actividade académica, o director xeral poderá considerar a conveniencia ou a oportunidade de permitir ao/á alumno/a poder recuperar ata un determinado número de horas e participar posteriormente nun exame extraordinario para poder superar o curso sen ter que repetilo.

3. No entanto, aínda que as ausencias acumuladas non cheguen á porcentaxe sinalada, a/o alumna/o poderá verse obrigado a recuperar todas ou parte das horas perdidas ao longo do curso. Neste caso a xefatura de ensino proporá ao director xeral o número de horas que se deban recuperar, tendo en conta, en cada caso concreto, o tipo de xustificación presentada para cada ausencia, así como o número total destas e o comportamento e a actitude da/do alumna/o ao longo do curso».

Décimo terceira. Certificado de aproveitamento

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen a proba final.

Décimo cuarta. Facultades da Agasp

A Agasp poderá modificar sen necesidade de nova publicación o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá, sen necesidade de nova publicación, suprimir o curso, cambiar as súas datas de celebración, ampliar novas edicións ou prazas deste, ou suspendelo, cando así veña exixido por circunstancias que afecten á súa organización ou docencia.

Así mesmo, facúltase o director xeral para ditar resolución sen necesidade de nova publicación para interpretar, de ser o caso, o desenvolvemento da convocatoria ou docencia.

ANEXO II

Cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as
de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia

Planificación de protección civil

Denominación do curso

Número de edicións

Horas lectivas

Prazas por edición

Datas

Horario

Lugar

Planificación de emerxencias municipais

1

21

25

8, 9 e 10 de abril

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Dirección e xestión das intervencións

Coordinación en actos públicos multitudinarios en concellos de menos de 20.000 habitantes

1

16

20

1 e 2 de abril

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Coordinación operativa en incendios forestais

1

21

20

21, 22 e 23 de maio

Mañá e tarde, último día só pola mañá

Agasp (A Estrada)

Coordinación operativa en Plans de emerxencia

1

8

20

26 de marzo

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Coordinación en actos públicos e multitudinarios en concellos de máis de 20.000 habitantes

1

21

20

1, 2 e 3 de abril

Mañá e tarde, último día só pola mañá

Agasp (A Estrada)

Rescate e salvamento

Busca e localización de persoas desaparecidas: metodoloxía, coordinación de recursos e novas tecnoloxías

1

20

20

13, 14 e 15 de maio

Mañá e tarde, último día só pola mañá

Agasp (A Estrada)

Rescate en lugares de difícil acceso (nivel I)

2

24

12

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

11, 12 e 13 de marzo

Mañá e tarde

2ª edición

2ª edición

6, 7 e 8 de maio

Mañá e tarde

Rescate en lugares de difícil acceso (nivel II)

1

24

12

10, 11 e 12 de xuño

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Rescate en zonas urbanas asolagadas, inundacións e riadas (nivel I)

2

16

20

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

2 e 3 de abril

Mañá e tarde

2ª edición

2ª edición

21 e 22 de maio

Mañá e tarde

Manobras de rescate para embarcacións de emerxencia

1

24

24

Do 1 ao 24 de abril, en grupos de 6 alumnos con tres días de clase

Mañá e tarde

Por determinar, consultar na web da Agasp

Situacións de emerxencia con persoas discapacitadas

1

8

20

4 de abril

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Rescate, manexo e contención de animais en emerxencias

1

16

16

29 e 30 de abril

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Rescate en ríos, riadas e inundacións

1

22

20

12, 13 e 14 de xuño

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Intervencións en emerxencias

Primeira intervención en incendios

1

8

20

25 de marzo

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Rescate acuático para equipos de primeira intervención

1

24

12

11, 12, 13, 14 e 15 de marzo

Por determinar, consultar na web da Agasp

Por determinar, consultar na web da Agasp

Os equipos de protección respiratoria

1

24

20

13, 14 e 15 de maio

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Condución de vehículos todoterreo

1

20

20

27, 28 e 29 de marzo

Mañá e tarde, último día só pola mañá

Agasp (A Estrada)

Condución segura

1

20

20

13, 14 e 15 de marzo

Mañá e tarde, último día só pola mañá

Teixeiro (Lugo)

Intervencións en presenza de riscos eléctricos

1

12

16

24 e 25 de abril

Mañá e tarde, último día só pola mañá

Agasp (A Estrada)

Manexo de ferramentas de corte

1

21

20

3, 4 e 5 de abril

Primeiro día de tarde, segundo e terceiro día de mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Curso de localización, navegación e rescate en vehículos 4×4

1

16

20

6 e 7 de maio

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Intervención, auxilio e rescate en terreo nevado

3

16

16

1ª edición

1ª edición

Por determinar, consultar na web da Agasp

Marzo

Mañá e tarde

2ª edición

2ª edición

Marzo

Mañá e tarde

3ª edición

3ª edición

Marzo

Mañá e tarde

Curso básico de motoserras

1

16

16

10 e 11 de xuño

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Apoio loxístico e seguridade

Marco regulatorio dos drons e o seu uso en emerxencias

1

32

20

12, 13, 14 e 15 de marzo

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Responsabilidade e procedemento na regulación do tráfico

1

24

20

25, 26 e 27 de marzo

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Socorrismo e primeiros auxilios con recursos de fortuna

1

16

16

30 e 31 de marzo

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Evacuación de vítimas traumáticas en zonas de difícil acceso: manexo de padiolas de rescate

2

16

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

19 e 20 de xuño

Mañá e tarde

2ª edición

2ª edición

22 e 23 de xuño

Mañá e tarde

Asistencia sanitaria e psicosocial en emerxencias

Actuacións sanitarias en praias

2

20

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

8, 9 e 10 de maio

Mañá e tarde, último día só pola mañá

2ª edición

2ª edición

3, 4 e 5 de xuño

Mañá e tarde, último día só pola mañá

Desfibrilación externa semiautomática

1

5

24

11 de abril

Mañá

Agasp (A Estrada)

Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencia e catástrofe

1

16

25

27 e 28 de maio

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Técnicas de apoio en intervencións

Introdución á cartografía e situación no terreo

1

20

20

3, 4 e 5 de abril

Mañá e tarde, último día só pola mañá

Agasp (A Estrada)

Prevención e control da Vespa velutina

2

8

20

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

12 de abril

Mañá e tarde

2ª edición

2ª edición

26 de abril

Mañá e tarde

Meteoroloxía aplicada á prevención e intervención en emerxencias

1

16

16

20 e 21 de marzo

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Topografía aplicada as emerxencias

1

16

16

8 e 9 de xuño

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Técnicas de información e comunicacións en emerxencias

Comunicacións en emerxencias

1

12

20

23 e 24 de marzo

Mañá e tarde, último día só pola mañá

Agasp (A Estrada)

Outros cursos e xornadas

Fomento da cultura preventiva en escolares

1

18

25

20, 21 e 22 de marzo

Mañá e tarde, último día só pola mañá

Agasp (A Estrada)

Curso básico de fitosanitarios

1

25

30

27, 28, 29 e 30 de maio

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Os voluntarios de protección civil no Camiño de Santiago

1

8

25

30 de abril

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Fomento da cultura preventiva en incendios forestais

1

16

25

2 e 3 de maio

Mañá e tarde

Agasp (A Estrada)

Liderar a aula: habilidades para a docencia

1

60

25

6, 7, 8, 9, 10, 13, 14 e 15 de maio

Mañá e tarde, último día só pola mañá

Agasp (A Estrada)