De conformidade co disposto no artigo 44 e 82 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, do 1 de outubro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.
Mediante visita da Inspección, da Área Provincial de Turismo de Ourense, comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.
Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma Galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.
O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes; poderán examinar o expediente e obter copias dos documentos contido nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.
Ourense, 5 de febreiro de 2019
Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense
ANEXO
Establecemento |
Titular |
Enderezo |
Concello |
Café bar Pub La Roca |
González Sepúlveda, Eva |
Hernán Cortés, 43 |
Ourense |
Café bar Cartucho |
Tudorache, María |
Murcia, 5, bx. |
O Carballiño |
Café bar La Columna |
Taberna La Columna, S.L. |
Hernán Cortés, 12 |
Ourense |
Café bar Xacobeo 2.0 |
Barreiros López, Iván |
Avda. Vistahermosa, 1 |
Ourense |
Café Bar Novo Flamingo |
Rodríguez Revilla, José Antonio |
Cesáreo Tizón, 11 |
O Carballiño |
Cafetería Residencia Sanitaria |
Servicio de Hostelería Aguinchos, S.L. |
Rampa de Sas, 1-6º C |
Ourense |
Restaurante Residencia Sanitaria |
Servicio de Hostelería Aguinchos, S.L. |
Rampa de Sas, 1-6º C |
Ourense |