Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2019 Páx. 10757

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2019 pola que se nomea profesorado dos corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade con data 15 de outubro de 2018 (BOE do 31 de outubro), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos fornecerán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº de
concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2384/18

Jesús

Rodríguez Otero

**0644**Q

Catedrático de universidade

Química Física

Química Física

Santiago de Compostela

A00578

2385/18

María Dolores

Pérez Meirás

3264****V

Catedrática de universidade

Química Orgánica

Química Orgánica

Santiago de Compostela

A00579

2387/18

Otilia

Reyes Ferreira

****3121K

Titular de universidade

Ecoloxía

Bioloxía Funcional

Santiago de Compostela

C01786

2396/18

Luisa María

Muñoz Abeledo

333****4W

Titular de universidade

Historia Contemporánea

Historia

Santiago de Compostela

C01795