Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10932

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de febreiro de 2019 sobre a integración do persoal funcionario de carreira da escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, dentro do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, especialidades de patrón e mecánico.

A Lei 10/2010, do 11 de novembro, de modificación da Lei 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia (DOG núm. 227, do 25 de novembro), dispuxo a creación da escala operativa do dito servizo, dentro do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, que se veu a sumar ás escalas de persoal funcionario xa existentes no servizo: técnica, executiva e de axentes, integradas nos subgrupos A1, A2 e C1, respectivamente. A disposición transitoria única da Lei 10/2010 establece o réxime de integración do persoal da escala de axentes, subgrupo C1, na escala operativa do mesmo subgrupo.

O Decreto 136/2017, do 17 de novembro, de ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia (DOG núm. 113, do 14 de xuño), na súa disposición transitoria única, desenvolve a integración do mencionado persoal, e regula o procedemento que hai que seguir para solicitar a integración.

De acordo co punto 4 da disposición transitoria única do Decreto 136/2017, do 17 de novembro, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, unha vez rematado o prazo previsto no dito decreto, e comprobadas as circunstancias alegadas polas persoas solicitantes, formula unha proposta de resolución ante esta consellería sobre as solicitudes de integración presentadas, na cal se inclúe a relación do persoal funcionario integrado na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, con indicación das especialidades en que se integran, así como a relación de persoas que non reúnen os requisitos para esa integración.

En virtude do anteriormente exposto, e de conformidade co artigo 14 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

DISPOÑO:

Primeiro

1. Integrar o persoal funcionario de carreira da escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, que se relaciona no anexo I desta orde, na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia creada pola Lei 10/2010, do 11 de novembro, na especialidade que en cada caso se especifica.

2. A integración terá efectos do 7.8.2018, que corresponde ao día seguinte ao do remate do prazo establecido no Decreto 136/2017, do 17 de novembro, para presentar as solicitudes de integración.

3. O persoal obxecto desta integración, relacionado no anexo I, quedará prestando servizos na escala que en cada caso se especifica, de acordo coa opción individual exercida na súa solicitude.

4. De conformidade co disposto no punto 6 da disposición transitoria única do Decreto 136/2017, do 17 de novembro, a integración do persoal funcionario na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, non implicará a perda dos postos de traballo que viñesen ocupando, que seguirán desempeñando nas mesmas condicións en canto á súa forma de provisión, realizando as funcións inherentes aos ditos postos.

5. Conforme as previsións do punto 5 da disposición transitoria única do Decreto 136/2017, do 17 de novembro, a integración producirá o cambio na situación administrativa que corresponda ao persoal funcionario.

Segundo

1. Non integrar o persoal funcionario interino da escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia que se relaciona no anexo II desta orde na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia creada pola Lei 10/2010, do 11 de novembro, por non ter a condición de funcionario de carreira da escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia na data de entrada en vigor da Lei 10/2010, do 11 de novembro.

Terceiro

O órgano competente da Consellería do Mar, ou ben a de destino do persoal funcionario integrado, xestionará os aspectos relacionados co expediente electrónico persoal no Rexistro único de persoal e de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Apelidos

Nome

DNI

Especialidade en que se integra

Escala en que queda prestando servizos

Bastón Bacelar

Carlos

******36P

Mecánicos/as

Operativa-mecánicos/as

Baz Lijo

José María

******41X

Mecánicos/as

Operativa-mecánicos/as

Chans Vidal

José Juan

******79L

Mecánicos/as

Axentes

García Pérez

Juan Manuel

******32E

Mecánicos/as

Operativa-mecánicos/as

Goce Lemos

Jesús Fernando

******30N

Patróns/patroas

Operativa-patróns/patroas

González Arias

Francisco

******09R

Patróns/patroas

Operativa-patróns/patroas

Gutiérrez Lorenzo

Manuel

******69H

Patróns/patroas

Operativa-patróns/patroas

Martínez Paz

Guillermo

******93W

Mecánicos/as

Operativa-mecánicos/as

Muñiz Torrado

Emilio

******01R

Mecánicos/as

Operativa-mecánicos/as

Naveira Fuentes

José Ramón

******01N

Mecánicos/as

Axentes

Outes da Silva

Juan José

******14A

Mecánicos/as

Operativa-mecánicos/as

Pando Caldelas

Francisco José

******03L

Patróns/patroas

Operativa-patróns/patroas

Piñeiro Pouso

Ramón Javier

******92T

Patróns/patroas

Axentes

Rial Bernárdez

Vicente

******87N

Patróns/patroas

Operativa-patróns/patroas

Rodríguez-Navas Bello

Julio

******24H

Patróns/patroas

Operativa-patróns/patroas

Romero Lojo

José Emilio

******70C

Mecánicos/as

Operativa-mecánicos/as

Suárez Vidal

Pedro Luis

******48N

Patróns/patroas

Operativa-patróns/patroas

Veiga Bellón

Raúl

******33M

Patróns/patroas

Operativa-patróns/patroas

Vidal Martínez

Ramón

******15E

Patróns/patroas

Axentes

Vilanova Iglesias

José

******72T

Patróns/patroas

Operativa-patróns/patroas

Vilela Bouza

José Antonio

******31H

Patróns/patroas

Operativa-patróns/patroas

ANEXO II

Apelidos

Nome

DNI

Rivas Lago

Ramón Ángel

******11R

Varela Cespón

Ricardo Rafael

******42L