Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica unha resolución a unha persoa afectada pola concentración parcelaria da zona do Val-Meirás-Lago (Narón-Valdoviño-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 6 de febreiro de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

32462336K

Resolución

Val-Meirás-Lago (Narón-Valdoviño-A Coruña)