Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10920

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 6 de febreiro de 2019 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe Miralba de Vigo.

A representante da titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Miralba, de Vigo, solicita a ampliación de 2 unidades de bacharelato da modalidade de artes.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación de ensinanzas

Ampliar 2 unidades de bacharelato da modalidade de artes, no centro cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Miralba.

Código do centro: 36011178.

Enderezo: Gran Vía, 164.

Localidade: Vigo.

Concello: 36211 Vigo.

Povincia: Pontevedra.

Titular: Fundación Educativa Jesuitinas.

Composición resultante:

Educación infantil (2º ciclo): 9 unidades.

Educación primaria: 18 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 12 unidades.

Bacharelato: 6 unidades, das modalidades de: Ciencias, Humanidades e ciencias sociais, e Artes.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento da unidade que se amplía, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional