Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Venres, 22 de febreiro de 2019 Páx. 10944

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (823/2017).

Eu, María Jesús Hernando Areas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 823/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María López Ferreiro contra Tatiane Souza Barros, Barraxan, S.C., Esteban Vázquez Picallo, Walter Omar Vadell López, sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana María López Ferreiro contra a entidade Barrañan, S.C., –Barraxan, S.C.–, Tatiane Souza Barros e Walter Omar Vadell López, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Barrañan, S.C., –Barraxan, S.C.–, e de modo subsidiario a Tatiane Souza Barros e Walter Omar Vadell López, a que aboe ao demandante a cantidade de 886,22 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados durante a súa relación laboral (29.6.2017 ao 6.7.2017), compensación económica polas vacacións non gozadas, descanso non gozado, horas extras e complemento de nocturnidade, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana María López Ferreiro contra Esteban Vázquez Picallo, ao que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Barraxan, S.L. e Esteban Vázquez Picallo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza