Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11058

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 11 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega (código de procedemento PR911A).

BDNS (Identif.): 440288.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas axudas os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 11 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega.

Cuarto. Importe

Esta convocatoria terá carácter plurianual e para a concesión destas subvencións destinarase un total de 1.290.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.3 –bolsas excelencia mocidade exterior– dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2019 e 2020, por importe de 750.000 € para a anualidade 2019 e 540.000 € para a anualidade 2020. A concesión destas subvencións quedará condicionada aos ditos límites orzamentarios.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 30 de abril de 2019, ás 23.59 horas (hora peninsular española).

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración