Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de febreiro de 2019 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 489/2018 derivado do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/49/2015.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 489/2018, interposto por Miguel García Yebra contra a Resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 21 de setembro de 2018, que desestima o recurso potestativo de reposición, interposto contra a Resolución do 1 de marzo de 2016, expediente POL/49/2015, en que se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior á comisión da infracción, procedendo á demolición de construción dunha vivenda unifamiliar, construción auxiliar e elementos decorativos, no lugar de Cabada, Aios, concello de Sanxenxo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase María Teresa Rodríguez Pascual para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística