Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2019 Páx. 11117

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 859/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 859/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen María Louzao Lozano contra o letrado da Tesouraría da Seguridade Social e Julio Amado Rial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Carmen María Louzao Lozano contra o empresario individual Julio Amado Rial e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto Carmen María Louzao Lozano con data do 7 de outubro de 2018, e condeno o empresario individual, Julio Amado Rial, a que no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza opte entre a readmisión inmediata da demandante nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data da alta médica ata a notificación desta resolución, que ascenden a 45,21 euros diarios, ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 497,35 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Julio Amado Rial, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza